Santa Locaia: outro bosque atlántico de grande valor ameazado polas eólicas

O parque eólico “Banzas” e a liña de evacuación eléctrica asociada van alterar un dos redutos de bosque atlántico húmido mellorconservados do país, con presenza de especies moi raras, ameazadas e en perigo de extinción. A desfeita eólica non para: desta volta tócalle a un espazo pouco coñecido mais non por iso menos importante. Trátasese…

As Brigadas voltan a Padróns (Ponteareas) o 10 de xaneiro

A segunda actuación das Brigadas no monte comunal de Padróns (Ponteareas) está convocada para o vindeiro domingo, 10 de xaneiro, coa plantación dunhas 1500 árbores autóctonas. A intervención manual nesta roga terá como obxectivo a repoboación dunha zona afectada pola vaga de lumes de outubro de 2017 con especies autóctonas como bidueiras, corticeiras ou pradairos. Para vos apuntar, é preciso,…

Denunciamos as continuas molestias polo excesivo ruído en ENCE

Desde a APDR, ante as novas queixas feitas públicas nos últimos días por persoas que residen na contorna da fábrica de Ence, nas que inciden nas molestias que de maneira continuada -e desde xaneiro de 2019- vén provocando o ruído producido por esta instalación industrial, e que afectan ao seu descanso e à súa calidade…

A Xunta autorizou granxas de visón en contra dunha sentenza do Tribunal Supremo

4 das 26 granxas de visón actualmente en funcionamento en Galiza poden ser ilegais, ao telas a Xunta autorizado despois de marzo de 2016. Nesta data o Supremo prohibíu novas instalacións e ampliacións en todo o territorio do Estado. A propia Xunta achegou información en resposta a unha reclamación de ADEGA dando conta do estado das granxas…

5 anos do acordo de París polo clima, promesas incumpridas

O 12 de Decembro de 2015, asinouse o Acordo de Paris, compromiso para enfrentar a emerxencia climática, limitar o aumento da temperatutra en menos de 2ºC, e acadar a neutralidade en emisións de carbono en 2050. Desde ese momento os líderes mundiais continuan sen tratar a emerxencia climática como unha crise e, cinco anos despois,…

Libélulas e cabaliños: descubrindo o mundo dos odonatos

Este venres gozaremos dunha nova xornada Falando de natureza dende os nosos fogares. Nesta ocasión, afondaremos na formidable orde dos odonatos, que acubilla ás comunmente coñecidas como libélulas e aos cabaliños. Un sorprendente grupo de insectos, aos que poderemos coñecer polo miúdo grazas á participación de: Anais Rivas Torres: Doutora en bioloxia, especialidade en ecoloxia evolutiva…