Xai xa tempo que se vén amoreando lixo, móbeis vellos, madeira, colchóns, persianas, plásticos, e moitos outros obxectos e desperdicios nun espazo de Mollavao existente ao pe do camiño que comunica a estrada PO-546 (no Qm 0,59) co espazo que vén sendo utilizado para a instalación dos circos, nas proximidades da autovía Pontevedra-Marín. E cónstanos…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
A escandalosa permisividade da Xunta con ALCOA agravou a contaminación da Mariña
Na AAI (Autorización Ambiental Integrada) aprobada en xuño deste ano, a Xunta permitíu a ALCOA seguir superando os límites de emisión de contaminantes ao medio no seu complexo de San Cibrao. A razón? Os altos custos que suporía para a empresa cumprir coas leis… ADEGA esíxelle á Xunta que revise de oficio a Autorización…
Xornada de retirada de árbores e limpeza de pontes no río Tomeza
Vaipolorío convoca para o vindeiro domingo día 11 de outubro ás 10:00 h. Non é preciso que traias ferramenta. Preferentemente ven con roupa usada e botas de auga É IMPRESCINDIBLE COMUNICAR A ASISTENCIA NO TFNO. 676 842 942 PARA ORGANIZAR O TRABALLO.
ADEGA reclama a restitución de Fernando Cobo Gradín ao fronte da EHEC
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) non entende nin atopa xustificación á destitución de Fernando Cobo como director da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (EHEC) por parte do Consello Reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC). ADEGA reclama a restitución do seu cargo e do seu equipo de traballo,…
ContraMINAcción e outros 234 colectivos de todo o mundo din NON á estratexia europea de materias primas críticas
A rede ContraMINAcción xunto con 234 colectivos da Europa e do resto do mundo veñen de apresentar ante a Comisión Europea unha dura Carta Aberta rexeitando a nova estratexia europea de materias primas críticas lanzada este mes. A estratexia da UE pretende achandar o camiño para unha nova vaga de minaría na Europa, procurando reducir os trámites…
ALCOA non pode marchar de San Cibrao sen saldar a súa débeda ambiental coa Mariña
A decisión de ALCOA de pechar a planta de San Cibrao sementa serias dúbidas sobre o futuro ambiental da comarca e o destino da balsa de lamas tóxicas. Actualmente a balsa aínda non conta cun proxecto de peche e clausura definitivo, nen cun plano de descontaminación para unha dunha comarca maltratada por anos de permisividade…
Xincana Naturalista polo Monte da Fraga
O vindeiro sábado, 26 de setembro do 2020, celebrarase unha Xincana Naturalista no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias, Campus da Zapateira), organizada pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña, en colaboración co G.N.Hábitat, para dar a coñecer a flora e a fauna presente neste espazo natural. Tratarase dunha serie…
ADEGA-Ferrolterra pula polo tren de proximidade no Día Mundial Sen Coches
ADEGA-Ferrolterra anima á cidadanía a que, neste 22 de Setembro, Día Mundial Sen Coches, deixe o coche particular na casa e cambie os seus hábitos no referente á súa mobilidade, favorecendo o uso de sistemas alternativos menos ou nada contaminantes, entre eles o tren, para deste xeito, mitigar o cambio climático e para írmonos preparando…
Vaga de lumes Ourense: Dimisión do director xeral de Montes e un cambio radical cara a políticas de prevención
Numerosas entidades sindicais, agrarias, ecoloxistas e sociais do país (as abaixo asinantes) pedimos a dimisión inmediata do Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, por non dispoñer as medidas de prevención e vixilancia necesarias para evitar a catástrofe incendiaria que está a vivir a provincia de Ourense, en particular, as áreas afectadas do Parque Natural Baixa…
ADEGA oponse á construción da ponte do Malecón de Monforte, e apoia a elaboración dun rigoroso plan de mobilidade para a cidade
O pasado mércores 2 de setembro, representantes de ADEGA mantiveron reunións ca alcaldía, co resto de representantes políticos de Monforte e finalizando a xornada, con membros da plataforma Salvemos O Malecón. O obxectivo destas reunións era coñecer de primeira man a postura do alcalde, e do resto de integrantes da corporación municipal ante o proxecto…
Feijóo segue a representar os intereses de ENCE no parlamento galego
A referencia á empresa ENCE que o Presidente Feijóo fixo no seu discurso durante o debate de investidura no Parlamento galego, non pode deixar indiferente a ninguén; con efecto, e aínda que estamos afeitos a escoitar barbaridades por parte do PP -e do propio Feijóo- na súa impresentábel defensa desta empresa, condenada por delito ecolóxico,…
ADEGA presenta alegacións ante unha concesión mineira sen a avaliación de impacto ambiental en Beariz.
ADEGA vén de presentar, xunto co colectivo Mina no Cando Non, alegacións ante a Xefa do Servizo de Enerxía e Minas e o Xefe da Sección de Avaliación Ambiental como resposta a un novo ataque medioambiental perpetrado pola Xunta, quen quere aprobar o pase de permiso de investigación a permiso de concesión de explotación para…