Hábitat Protexe en Ponteceso

O vindeiro sábado, 12 de setembro do 2020, de 09:30 a 13h, tes unha nova cita con Hábitat Protexe! Nesta ocasión acompañaremos aos compañeiros do Grupo de anelamento Hércules nunha xornada de anelamento científico de aves, na súa estación de esforzo constante en Ponteceso. Unha oportunidade única para poder ver de preto o impagable traballo…

De novo herbicidas nas vías férreas

Nos últimos anos vimos observando un preocupante aumento do uso de herbicidas por parte das administracións polas beiras das estradas. Esta triste moda de pasar da eliminación mecánica (roza) á química, tamén se estendeu polas vías férreas, onde a entidade  responsable (ADIF), fumiga alomenos 2 veces ao ano. Por este motivo acabamos de enviar escrito…

Novo revés de ENCE nos tribunais de xustiza

Empresa ENCE e os seus Comités de empresa, veñen de sufrir un novo revés nos Tribunais de Xustiza. Desta volta, trátase da “NON ACEPTACIÓN A TRÁMITE” pola Sala Primeira da Audiencia Nacional dun escrito presentado pola empresa o pasado día 4 de xuño. A pretensión do escrito era facer valer diante da Audiencia Nacional dous…

A APDR resposta ás declaracións de ENCE sobre o uso de aceites

empresa ENCE vén de dar resposta á nosa denuncia pública na que -con datos facilitados por fontes de absoluta fiabilidade na man- afirmamos con rotundidade que desde hai cando menos 5 anos a fábrica de Pontevedra está a queimar aceites usados “pretratados”. Sostén ENCE na súa nota de prensa que cumpre “escrupulosamente toda a regulación…

ENCE: Tocado “Destroyer”

Cando nos tempos mozos xogabamos aos “barcos”, tocar a un “destroyer” era antesala do seu mais que seguro afundimento; e esa foi a sensación que tiven hoxe cando vin que -máis unha vez- tiñamos “tocado ao destrutor” da Ría na súa liña de flotación. O barco de ENCE, a pesar dos seus apoios políticos na…

Mortalidade de peixes no río dos Muíños (Barbadás)

Durante a semana pasada produciuse un episodio de gran mortalidade de peixes no río dos Muíños, situado no concello de Barbadás (Ourense). Todo parece indicar que esta situación ten a súa orixe nalgún tipo de vertido incontrolado. Verdegaia vén de presentar denuncia dos feitos ante o SEPRONA. Cónstanos que non é a primeira vez que…