15-F Plantación de frondosas en Froxán

As Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia voltan á carga o próximo día 15 de febreiro na Área Conservada pola Comunidade Veciñal de Froxán (Lousame), plantando frondosas nativas (carballos, bidueiros, castiñeiros, nogueiras, aveleiras, etc.) nas zonas deseucaliptizadas en 2019. Parte dos traballos realizaranse na contorna da turbeira de Campo de Lamas seguindo un plan de xestión e recuperación ambiental…

Caso Mato: crónica doutro idilio entre a patronal enerxética e a Xunta

A fichaxe da ex-conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato como directiva da enerxética Greenalia exemplifica os fortes vencellos entre as enerxéticas e determinada clase política. Non son portas xiratorias, son verdadeiros arcos do trunfo! Ex-presidentes en eléctricas (Calvo Sotelo e González en Fenosa, Aznar en Endesa) e ducias de ex-ministros/as ocupan postos directivos en empresas…

Galiza, na cola do Estado e de Europa na xestión de residuos

Santiago de Compostela, a 31 de xaneiro de 2020.- No día de onte, varios membros de ADEGA e das plataformas “Casalonga Limpa de Residuos” e “Mina de Touro-O Pino Non” acudiamos ás portas das dependencias da Confederación Galega de Empresarios para denunciar as mentiras de Sogama e da Xunta de Galiza ao respecto da eficiencia…

Vaipolorío celebra un ano máis o Día Mundial dos Humidais

VISITA GUIADA ÁS BRAÑAS DO RÍO TOMEZA (GAFOS) DÍA:Domingo 2 de febreiro do 2020 SAÍDA:10h da ponte da condesa DURACIÓN : 2 horas aprox. Amancio Castro menbro de Vaipolorío, profesor de Ciencias Naturais e Educación Ambiental amosará a riqueza biolóxica deste espazo Co gallo desta data Vaipolorío un ano máis celebra e participa no Día…

9-F Deseucaliptizamos Darbo (Cangas)

A Comunidade de Montes Veciñais de Darbo (Cangas), en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia, convocan a primeira brigada deseucaliptizadora no Morrazo o domingo 9 de febreiro . Que faremos? Imos arrincar brotes de eucaliptos nos montes de San Roque, tras a corta feita no ano 2018; algúns pódense arrincar a man directamente e para…

O xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, recoñece ante os medios que se están vulnerando os termos da autorización de vertidos para a EDAR de Ribeira

En declaracións feitas a El Correo Gallego, o xerente de Augas de Galicia indicou que “es mejor que los alivios industriales vayan a la depuradora que se viertan directamente al mar”. Con estas palabras, Gonzalo Mosqueira vén recoñecer que está de acordo coa decisión de desviar á rede de colectores urbanos os vertidos industriais. Interior…