Centrais de bombeo en Brión: até 150 anos co río Tambre secuestrado

ADEGA vén de achegar a Augas de Galiza as súas consideracións aos proxectos de central reversíbel en caverna con balsa artificial de máis de 300 MW, para bombear e turbinar auga do encoro Barrié de la Maza. Autorizar esta concesión suporía fosilizar o encoro do Tambre xestionado por Naturgy e alongar o curtocircuito do río…

Comunicado conxunto das Asociacións Eco-Naturalistas co gallo do día do Naturalismo Galego o 9 de marzo

Para as entidades abaixo asinantes, é unha auténtica honra participar neste acto de homenaxe e de reivindicación. De homenaxe porque o vindeiro 9 de marzo se conmemora o natalicio en 1695 do primeiro sabio estudoso da natureza de Galiza: Pedro José García Balboa, isto é, o Padre Martín Sarmiento, a quen podemos considerar o primeiro naturalista histórico galego. E de reivindicación porque…

Senda Nova presenta un novo número da revista Abrindo Camiño

Marcamos no calendario o vindeiro día 18 de marzo como un día importante.Ese sábado ás 12h. , o Espazo da Natureza de Oza acolle a benvida á cuarta edición da revista ABRINDO CAMIÑO editada por esta casa. Como nas edicións 0, 1, 2 e 3, o obxectivo deste número é recoller as informacións sobre a…

Pasado, presente e futuro do naturalismo galego

O vindeiro xoves 9 de marzo celebramos o noso primeiro día do naturalismo galego, e que mellor xeito de facelo que conversando entre naturalistas nun “Falando de natureza”. Rodeados de compañeir@s de paixón, debateremos sobre o pasado, presente e futuro do naturalismo en Galicia. Naturalistas de todas as idades contarannos as súas vivencias, anécdotas, inquedanzas e…

A FEG apoia a manifestación do sábado 4 de Marzo, ás 11 da mañá na Alameda de Noia, contra as verteduras da balsa de agua da Mina de San Finx

A FEG súmase á convocatoria realizada polo sector do mar na ría de Muros-Noia co apoio de confrarías de pescadores e mariscadores e outras organizacións do sector. A FEG xunto con outras organizacións ecoloxistas e sociais veñen denunciando en reiteradas ocasións a situación da balsa de residuos mineiros da Mina de San Finx coa perigosidade…

Presentamos unha queixa pola reiterada negativa da Presidencia a permitir no COGAMADS o debate sobre as repercusións ambientais do “boom” eólico

Os vogais ecoloxistas no COGAMADS (Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel) vimos de acudir en amparo á Valedora do Pobo para que se nos permita exercer libremente as nosas funcións como membros deste organismo colexiado. Diante do persistente veto da presidenta, a conselleira Ángeles Vázquez, a incluir na orde do día unha proposta…

Marzo Brigadista con VERDEGAIA: Sábado 4 en Darbo (Cangas)

A Comunidade de Montes Veciñais de Darbo (Cangas) en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia convocan unha nova roga no Morrazo o sábado 4 de marzo. Que faremos? Será unha xornada dura de corta de eucaliptos novos, mais de certa altura, así como de carga e distribución da madeira.Tamén aproveitaremos para arrincar brotes e descascar. Lugar de encontro: Pequena chaira para deixar…

Marzo brigadista con VERDEGAIA: Domingo 5 en Vilacova (Lousame)

En maio de 2021 as Brigadas deseucaliptizadoras iniciaron o  traballo de deseucaliptización no Monte da Aguieira (Vilacova) onde se machacaron os rebrotes dos eucaliptos nunha das parcelas de varias hectáreas do monte veciñal. O próximo 5 de marzo voltamos á carga da man da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vilacova, en Lousame. Que…

BREXA planta árbores autóctonos con alumnado de 4º de ESO do IES de Carral

O pasado 9 de febreiro realizamos unha actividade con alumnado do 4º curso de ESO do IES de Carral que xa participara o febreiro do ano pasado nunha plantación de cerdeiras no parque dos Capelos. Este ano traballaron na parcela do Muíño do Quenllo, nunha superficie duns 1000 m2. Plantáronse freixos, avelairas, ameneiros, pradairos, carballos…

A APDR presenta alegacións á senda peonil/ciclista de Mollavao a Praceres

Vaia por diante que na APDR apostamos polo benestar das persoas e pola defensa do medio; así pois, estamos polo fomento dos desprazamentos peonís ou en bicicleta nas cidades e vilas, fronte ao uso esaxerado do automóbil e o consumo dos recursos fósiles. Concordamos na necesidade de adoptar medidas que vaian nesa dirección, pero esta…