Verdegaia presentou alegacións ao plan esixindo cambios no PRUX de cara a garantir a conservación dos valores naturais, xa que o documento exposto ao público non garante a debida conservación dos valores naturais. Agora tamén facemos nosa a postura das persoas representantes das Asociacións Ecoloxistas no Padroado do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas…
Categoría: Biodiversidade e espazos naturais
10.000 árbores autóctonas máis para Froxán. O teu apoio para froxanizar Galiza!
-O proxecto de conservación dos montes de Froxán foi preseleccionado de entre 150 de todo o mundo para competir con outros 13 nunha votación pública global que finalizará o 23 de marzo. -Calquera persoa pode votar polo proxecto neste link: bit.do/froxan -A European Outdoor Conservation Association financiará con ata 30.000 euros o proxecto ambiental máis…
A APDR presenta achegas ao Borrador do plan Forestal Galego
O borrador da 1ª renovación do Plan Forestal Galego (PFG), ven de ser sometido a un proceso de consultas previas coas administracións e os sectores interesados na xestión forestal. Nesta fase, a Asociación pola defensa da Ría (APDR), ven de colaborar no documento de achegas que a Federación Ecoloxista Galega, membro do Consello Forestal Galego,…
Feijóo deixa sen protección ao acivro abrindo moitos bosques a motoserras e eucaliptos
No DOG deste xoves 8 e aproveitando a modificación do Observatorio de Educación Ambiental, atopámonos coa sorprendente nova da derrogación do decreto que declaraba protexido ao acivro dende 1984. Esta lamentábel feito sorprende pola forma e o contido. Primeiro, polo xeito subrepticio de modificar pola porta de atrás lexislación ambiental aproveitando unha norma que nada…
2 de Febreiro, Día Mundial dos Humidais
VISITA GUIADA ÁS BRAÑAS DO RÍO TOMEZA (GAFOS) DÍA:Venres 2 de febreiro do 2018 SAÍDA:ás 17:00 h da estación de autobuses de Pontevedra DURACIÓN APROXIMADA DA ACTIVIDADE :2 horas Amancio Castro de Vaipolorío falará e amosará a riqueza biolóxica deste espazo Co gallo desta data Vaipolorío un ano máis celebra e participa no Día Mundial dos…
O PP non quere ecoloxistas na Comisión dos lumes
A recentemente criada “Comisión especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia” non contará desta volta coa comparecencia dos colectivos ambientalistas galegos. Malia a que diversos grupos propuxeron a comparecencia de representantes ecoloxistas, o PP vetou esta posibilidade. O grupo…
A Fraga de Catasós debe ampliarse para garantir a súa preservación e integridade
ADEGA vén de presentar, no proceso de consultas do Plano de Conservación da Fraga de Catasós (Lalín), unha proposta de ampliación e zonificación ambiciosa para este Monumento Natural. Pasaría das 4,5 ha actuais a 180 e incorporaría diversas masas próximas, incluida a todalidade da fraga de Casas Vellas. Trátase de dar coerencia e continuidade a…
Bota a andar a recollida de sinaturas da ILP do bosque autóctono e contra a eucaliptización
Representantes das organizacións promotoras da ILP “para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais”, anunciamos este día 20 o inicio da campaña de recollida de sinaturas, que se prorrogará até o vindeiro mes de marzo. Como obxectivo marcámonos conseguir que…
No corazón unha árbore: amadriña bosque autóctono
Verdegaia vén de dar o seu apoio á Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Froxán e á Sociedade Coluna Sanfins para un proxecto de micromecenado (“crowdfunding”) que ten por obxectivo restaurar 10 hectares de monte dominadas por eucalipto recuperando as masas de frondosas autóctonas. O proxecto chámase “No corazón unha árbore” e está…
Os colectivos ecoloxistas reclaman un verdadeiro proceso participativo para a elaboración do PRUX do Parque Nacional
Ante a publicación do “documento de inicio” para a elaboración do Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional MT das Illas Atlánticas de Galicia, as asociacións ecoloxistas demandan á administración que inicie un verdadeiro proceso participativo para a súa elaboración e que se faga pública a información e documentos relevantes para o mesmo….
A sociedade debe tomar a iniciativa na ordenación dos montes galego-portugueses fronte a eucaliptización e os lumes
O Centro Social A Devesa, no concello de Salceda de Caselas, acolleu no día de onte as “I Xornadas Galego-Portuguesas fronte a eucaliptización e os incendios”, organizadas pola rede de entidades a prol do bosque galego “Cousa de Raíces”, o colectivo ecoloxista ADEGA e a Asociación Treze-Catorze, coa colaboración do Concello de Salceda, a Associação…
ADENCO solicita aos Concellos do Condado que se declaren como libres de eucaliptos
O Grupo Ecoloxista ADENCO ten presentado por rexistro nos concellos da Comarca do Condado escritos nos que se lle solicita aos Plenos municipais a súa implicación na loita contra a eucaliptización existente na Comarca mediante a declaración de Concellos Libres de Eucaliptos. ADENCO solicita tamén que cada un dos concellos de O Condado desenvolva de…