Se es un apaixonado da flora e fauna e queres sacarlle un bo rendemento a túa cámara compacta, este domingo tes unha estupenda ocasión para iniciarte nunha actividade que combinará dous fermosos eidos: a fotografía e a natureza. Guiados por Xabier Prieto Espiñeira, avezado naturalista ferrolán e autor do blogue “Bichos e demais familia“, coñeceremos…
Categoría: Convocatorias
A FEG chama a participar na Marcha Contra Celulosas o vindeiro 4 de xullo en Pontevedra
A mobilización cidadá, persistente dende a instalación da industria, é un instrumento fundamental para conseguir a saída da fábrica de ENCE da Ría de Pontevedra, para que se devolvan á cidadanía os terreos públicos que ven ocupando desde fai tantos anos, para a súa recuperación ambiental, para permitir o desenvolvemento de actividades sostibles na ría…
Campaña 2021 – Vacaloura (Lucanus cervus)
Un ano máis xa están a voar as nosas queridas vacalouras e dende o G.N. Hábitat voltamos a animarvos a participar na toma de citas que comezamos a recabar o pasado ano 2016 coa proclamación da vacaloura como “Especie do ano 2016”. Levamos máis de 400 citas nas 4 provincias galegas que nos permitirán seguir…
Froxán Roga o 3 de Xullo: Recuperación do Bosque autóctono
O SÁBADO 3 de XULLO as Brigadas retoman os traballos de consolidación do bosque nativo na contorna da Casa da Susana, onde crianzas e familias plantaran en 2017 centos de árbores, na Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame). A roga comezará ás 9:30 da mañá para evitar as horas de calor. Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un…
Marcha contra celulosas: domingo 4 de xullo. Fóra Xa!
Logo dun tempo no que, por prudencia e responsabilidade, mantivemos un nivel de mobilización reducido, chegou o momento de retomar a presión social nas rúas para esixir o que é xa un desexo xeneralizado dunha ampla maioría da poboación da comarca. Baixo o lema “FÓRA DA RÍA XA!”, unha nova MARCHA CONTRA CELULOSAS partirá das…
Froxán: a roga continúa o 19 de xuño
O SÁBADO 19 de XUÑO as Brigadas voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para unha xornada de consolidación de traballos de deseucaliptización de convocatorias anteriores xunto con traballos de recuperación do patrimonio cultural que acolle o monte. As prazas son limitadas. Na roga traballaremos coordenados nunha zona ampla gardando as distancias persoais. A roga comezará ás 9:30 da mañá…
San Xoán 2021 – herbas e rituais
Saudiña e cante o merlo!!!
12 de xuño: desacaciamos o monte San Lois
O SÁBADO 12 de xuño as Brigadas deseucaliptizadoras actuarán por primeira vez sobre o monte San Lois (Noia), terras da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de San Lois onde se pretende erradicar a praga da acacia negra (Acacia melanoxylon) que asola a comarca. O monte San Lois ten un gran valor natural e paisaxístico e inténtase…
A FEG chama á manifestación do vindeiro 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, contra a invasión eólica en Galiza
O manifesto Eólica, Así Non, reclama a paralización inmediata dos proxectos eólicos en tramitación e un novo modelo eólico. Uns 50 colectivos e plataformas ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais de toda Galiza, entre organizacións convocantes e adheridas, fan un chamado a toda a sociedade galega para que participe na Gran Marcha contra a invasión eólica de Galiza que terá…
5 de xuño: Mondariz Balneario brigadista
En Mondariz-Balneario seguimos botándonos ao monte. Na roga do sábado 5 de xuño, día mundial do ambiente, actuaremos sobre unha parcela de titularidade pública moi afectada polas vagas de incendios. No 2018 xa fixéramos unha primeira plantación por sementeira con crianzas e familias da vila. Cos anos xestas, eucaliptos e silveiras invadiron de novo o terreo….
Na procura da “Orella de Rato”
Un ano máis unhas cantas persoas namoradas do noso “ilustrado” pontevedrés do século XVIII, El Padre Sarmiento emprendemos a búsquea dunha planta que nunha das viaxes a Pontevedra en 1.755, un luns de pascua, Sarmiento debuxou e describiu a carón do río Gafos. Pasados 42 anos o botánico Person a describiuna e a nomeouna como Myosotis…