Comprácenos comunicarvos que xa temos aberto o prazo de inscrición para a X promoción da nosa Escola de Naturalistas! Escola de Naturalistas é unha actividade organizada polo G.N.Hábitat dende fai anos, única no ámbito da formación ambiental en Galicia, dirixida ao aprendizaxe e identificación dos elementos que compoñen a biodiversidade Galega. Nela, ao longo dos…
Categoría: Convocatorias
Novembro Brigadista: sábado 20 en Lentille e domingo 28 en Froxán
En novembro, brigada dobre: o sábado día 20 en Lentille (O Ribeiro) e o domingo día 28 en Froxán (Lousame). Ambas imperdíbeis! Vémonos no monte! LENTILLE, 20N #BrigadasDesacaciadoras A Asociación Veciñal de Lentille ven de convocar de novo as Brigadas (Desacaciadoras, neste caso) para colaborar no esforzo contínuo por facer recuar a masa de mimosas do perímetro da aldea e reforestar con…
ADEGA Lugo presenta o programa de roteiros 2021/22 “As nosas sagradas montañas”
O pasado domingo ADEGA Lugo deu comezo ao programa de roteiros do curso 2021/22 “As nosas Sagradas Montañas”. A Terra seria totalmente diferente se non houbese montañas, non seria habitábel. As montañas son sagradas porque elas condicionan o clima da Terra, cortan os ventos e provocan a precipitación das chuvias, nelas están as nacentes dos…
Plogging no Monte da Fraga
O vindeiro sábado, 23 de outubro do 2021, celebrarase o primeiro Plogging no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias, Campus da Zapateira), organizada pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña, en colaboración co G.N.Hábitat, para dar visibilidade do problema dos residuos no medio natural. Recorreremos o espazo retirando os residuos…
Que nos escoiten o 16 de Outubro en Madrid
A Federación Ecoloxista Galega apoia e chama a participar na manifestación contra a invasión eólica do día 16 de outubro en Madrid convocada por Aliente, da que formamos parte. A FEG expresa o seu apoio a esta convocatoria realizada por Aliente (https://aliente.org/) que busca a concienciación social e a protesta contra un modelo de transición…
Outono en marcha: Dez anos polas paisaxes ocres de Bergantiños
Velaquí o convite a unha nova xornada no marco dos nosos Encontros Naturalistas. Nesta ocasión teremos a sorte de contar cos compañeiros da Asociación Ambiental Senda Nova, entidade sen ánimo de lucro que conta entre os seus principais obxectivos coa posta en valor do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico das comarcas de Bergantiños, Soneira e…
Pasado, presente e futuro da Ría do Burgo
En vista da estupenda aceptación que tivemos días atrás no roteiro interpretativo para coñecer in situ o Patrimonio Natural e Humano da ría do Burgo, se cadra é bo momento para profundizar no pasado, no presente, e no futuro deste espazo natural, dende diferentes perspectivas e sensibilidades. E nada mellor para este repaso temporal que…
9-0 Desacación en Lentille (Ribeiro)
Quedaran atrás os rigores do verao no Ribeiro e, coa vendima rematada e o viño na bodega, da Asociación Veciñal de Lentille veñen convocar máis outra vez ás Brigadas (Desacaciadoras, neste caso) para colaborar no esforzo continuo por facer recuar a masa de mimosas do perímetro da aldea e reforestar con frondosas autóctonas. A convocatoria…
Celebración do 30 + 5 Aniversario da FEG
O ano 2020 sería a data exacta desde que se formalizou a Federación Ecoloxista Galega (FEG) alá polo ano 1.990, pero que xa viña dun percorrido recoñecido como Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galiza (AGENG), de aí que a celebración dos 30 + 5 anos, en recoñemento a toda a historia do movemento ecoloxista…
Froxán: deseucaliptiza conosco o 21 de agosto
O SÁBADO 21 de AGOSTO as Brigadas voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para avanzar nunha nova frente tombando e descascando eucaliptos ao pé do regueiro da Costa. No final faremos foto de familia e pedímosvos que, se as tedes, traiades as vosas camisolas brigadistas. Se aínda non tes a túa, avisade da talla con antelación (xa non…
ADEGA Lugo presenta as Xornadas ambientais de verán “Os catro elementos”
A cidade de Lugo acollerá un ano máis as xornadas de verán “Os catro elementos”, na que a través de andainas recoñeceremos a vexetación característica da zona de Bosende, as constelacións protagonistas do ceo nas noites de verán, as aves que habitan nos ceos da cidade e faremos un percorrido polas zonas de baño históricas…