Hoxe é o Día Mundial das Zonas Húmidas, este día estableceuse tras o Convenio de Ramsar que se celebrou no ano 1971 (e entrou en vigor no ano 1975) para protexer as zonas húmidas do planeta e o seu uso racional. Estas zonas son moi importantes, non soamente pola biodiversidade que albergan, senón tamén polos…
Categoría: Convocatorias
O sábado 19-F desacaciamos Lentille
Rematado o groso dos traballos invernais na viña, a Asociación Veciñal de Lentille volve convocar as Brigadas pra seguirmos combatendo sen tregua as acacias nesta aldea do Ribeiro. Desta volta dividiremos os esforzos en erradicar pequenos enclaves de resistencia visando conectar áreas que xa foran desacaciadas coa axuda das Brigadas. Para vos apuntardes é preciso, alén de serdes…
Calendario 2022 do G.N Habitat, xa dispoñible!
Comprácenos comunicarvos que xa está dispoñible o calendario 2022 do G.N.Hábitat, que xorde como resultado das obras participantes na IX convocatoria do Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre, bautizada baixo o subtítulo de “A vida a rentes do chan”. Dende Hábitat, comprometidos coa divulgación ambiental, queremos facer novamente que esta…
22 xaneiro: Plantamos castiñeiros e machacamos eucalipto en Vilaboa
No sábado 22 de xaneiro as Brigadas deseucaliptizadoras actuarán por primeira vez en Vilaboa (Morrazo) nunha parcela da Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa. A xornada consistirá na reposición de castiñeiros e na eliminación de abrochos de eucalipto nunha parcela de case 1 hectárea onde xa están plantados castiñeiros de variedades tradicionais para a produción de…
Comezamos 2022 deseucaliptizando o Xurés
As Brigadas Deseucaliptizadoras, convocadas pola Comunidade do Monte Veciñal en Man Común Serra do Xurés-Riocaldo, comezaremos as actividades de 2022 abrindo un novo frente en Lobios, no Xurés. Será o sábado 15 de xaneiro. Actuaremos sobre dúas parcelas próximas de 2 e 3 hectares respectivamente, retirando eucaliptos de rebrote e descascando tocóns, para posteriormente reforestar con frondosas…
A Federación Ecoloxista Galega chama a participar nas concentracións do 11D
Máis de 170 colectivos, plataformas e entidades galegas de carácter ecoloxista, veciñal, social, cultural, sindical ou político que forman parte da coordinadora “Eólica Así Non” chaman a participar na multitude de accións descentralizadas por toda Galiza que se celebrarán o próximo sábado 11 de Decembro, día mundial das montañas, nunha grande mobilización fronte á actual…
CoruñaAves: XII maratón ornitolóxica do Concello de A Coruña 2021
Despois dun ano de ausencia debido á situación sanitaria, o vindeiro domingo, 12 de decembro do 2021, ven connosco a disfrutar dunha nova edición do CoruñAves. Consiste nunha actividade lúdica na que se procura, ao longo dunha mañá, de ver e identificar por equipos o maior número posible de especies de aves dentro do Concello…
11D: No Día das Montañas, gran mobilización galega por unha moratoria eólica e efectiva
Con motivo do Día mundial das Montañas, o vindeiro sábado, 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” apoiada en máis de 170 colectivos de toda Galiza, entre eles a Federación Ecoloxista Galega, convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica. A Coordinadora “Eólica Así Non” escolle esta data polo seu…
BioDiversidade volve cos rapaces con altas capacidades
Ao longo deste mes de decembro, e un ano máis da man dos nenos e nenas vinculados a Latento (expertos en Altas Capacidades), celebraremos novas actividades no marco da nosa iniciativa BioDiversidade, coa que pretendemos acadar unha integración e participación activa no eido ambiental, a través da colaboración con diferentes colectivos da sociedade. Desta volta continuaremos…
Este xoves ADEGA celebra unha xornada de formación sobre o coidado dos ríos na cidade da Coruña
Coincidindo coa Semana do Voluntariado, ADEGA organiza o próximo xoves, 2 de decembro, na cidade da Coruña as xornadas “Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas” abertas ao público xeral. O encontro ten como obxectivo divulgar a importancia dos nosos ríos e regatos, ao mesmo tempo que amosar como se poden preservar…
IX certame de debuxo da natureza “Vida silvestre no encoro de Cecebre”
Chegamos xa á 9ª convocatoria, o Grupo Naturalista Hábitat, da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa) e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, comprácese en organizar o IX CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre”. Este ano, baixo o título “A vida a rentes…
ADENCO organiza unha nova edición das Xeiras Micolóxicas
O Grupo Ecoloxista ADENCO organiza unha nova edición das Xeiras Micolóxicas, unha actividade didáctica en torno ao mundo dos cogomelos, que se ven realizando en Mondariz Balneario desde 1990 e que este ano, logo da pandemia, chegan á súa XXXI edición. As actividades micolóxicas que se proxectan son roteiros micolóxicos pola vila e unha exposición…