Quen se está a lucrar cos trofeos ilegais de lobo?

A Xunta vén de respostar á recente denuncia de ADEGA sobre as ofertas de trofeos de lobo en Galiza aparecidas na internet (Ancares e Ribeira Sacra) confirmando con moitos rodeos que esa práctica é ilegal. Porén, a Reserva de Ancares aprobou en 2015 a caza de tres exemplares en paralelo co ofertado ilegalmente na rede……

Un tigre de Bengala entre ferranchos no encoro da Fervenza

Os colectivos ADEGA, GEAS (Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes) e Hábitat solicitamos recentemente á Dirección Xeral de Conservación da Natureza información sobre a presenza dun exemplar de tigre de Bengala (Panthera tigris tigris) nas instalación da empresa Naturmaz, localizadas ao carón do encoro da Fervenza (Aérodromo da Fervenza), concello de Mazaricos. Nunha recente visita…

Novo Tecor en Montederramo ameaza a conservación da aguia real

ADEGA vén de solicitar a denegación dunha explotación cinexética en Montederramo de 212 ha por situarse dentro da área de máxima protección da ZEC Macizo Central e afectar a unha área de cría e presenza de aguia real (Aquila chrysaëtos), considerada en perigo de extinción. A área para a que se solictia a explotación cinexética…

Petición á Xunta para que se impida a caza nas estradas galegas

O Colectivo Matar Por Matar Non vén de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas dirixida á Xunta de Galiza para que garanta a seguridade dos Non cazadores nos viais galegos. Esta nova “modalidade deportiva” xa fora denunciada tamén polo Valedor do pobo, logo da petición realizada polo Colectivo, solicitando a Medio Ambiente a derogación…

Vídeo divulgativo sobre o visón americano, especie invasora

Nesta animación amósanse as consecuencias da invasión biolóxica do visón americano (Mustela vison) en zoas nas que vivía previamente o visón europeo (Mustela lutreola). O visón americano é unha especie invasora que compite polos recursos coas especies nativas. É máis agresiva, porta virus letais para as especies europeas nativas, etc. Así, cando colonizan outros ecosistemas…

Un circo instalado en Mos mantén leóns a 2ºC

Esta semana atopamos máis un exemplo de maltrato animal, desta feita nas instalacións do Cirkus Kaos instalado no concello de Mos. A pesar de contar con un repertorio variado de malabaristas e pallasos, é un dos circos que se resiste a abandonar a utilización de animais. Animais forzados a vivir en condicións aberrantes para á…

O lobo en Galiza, no límite da súa viabilidade ecolóxica

Tras cinco anos de vixencia do Plano de Xestión do Lobo, advírtese que a conservación da especie continúa baixo un grado de ameaza certo e elevado, manténdose vixentes a totalidade de factores negativos detectados na fase de elaboración do Plano. A viabilidade da poboación e da súa variabilidade xenética, fundamental para preservar a especie, está…

Faladoiro sobre dereitos de animais este xoves 21 ás 20:00h

O núcleo comarcal de Verdegaia-Compostela organizamos este vindeiro xoves 21, ás 20h,  un faladoiro sobre dereitos animais. Contaremos para isto con Susana Romero, da asociación Abeiro. O lugar será o noso local, partillado coa Troita, no baixo da rúa Pombal, número 18. Agardámosvos. P.S. Haberá petiscos!