ADEGA e a Consellería de Medio Ambiente renovan o convenio do Proxecto Ríos

A presidenta de ADEGA e Coordinadora do proxecto, Virginia Rodríguez, asinou o convenio de colaboración que dota de orzamento ao Proxecto Ríos, coa Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato. Na actualidade, o Proxecto Ríos conta con 322 grupos de voluntarios/as que supoñen a participación de máis de 3.500 persoas no estudo e conservación dos ríos….

ADEGA participa na creación do movemento “Lugo, de cara ao Miño”

ADEGA xunto con outros 15 colectivos e entidades ecoloxistas, sociais e políticas, e varias persoas veciñas de Lugo forman a plataforma “Lugo, de cara ao Miño” para facer presión fronte a proxectos especulativos, urbanísticos, enerxéticos ou calquera tipo de actuación promovida desde o eido privado ou público que ameace a integridade e os valores naturais…

ADEGA pide á Confederación Hidrográfica e á Xunta a paralización definitiva das obras da fábrica da luz no Miño e traslada o caso á Fiscalía

O pasado 14 de novembro, a empresa asturiana Inca, adxudicataria en 2008 da explotación da fábrica da luz a carón do río Miño en Lugo, puxo en marcha as obras que prevén retomar a explotación desta infraestrutura que leva décadas en desuso. Sen embargo, os traballos autorizados pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil supoñen multiplicar por tres…

A Xunta recoñece danos de Ferroatlántica a hábitats e especies protexidas no Xallas: a que espera para parar as obras?

Todo o proceso administrativo destes 3 novos aproveitamentos hidroeléctricos no Xallas (Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo) está salferido de irreguraridades: -Para comezar, en 2002 Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formula as declaracións de efectos ambientais das centrais hidroeléctricas de Fervenza II (9 de abril de 2002), Ponte Olveira II (11…

Máis de 600 persoas retiran 13 toneladas de lixo dos ríos galegos

Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados. Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos…). Apareceron tamén rodas de automóbiles, cristais, colchóns, altofalantes, baterías de…

Eliminación de EEI no río Limia

A actuación conta co apoio da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas. Os traballos de eliminación no río Limia foron unha continuación dos iniciados pola Delegación de Ourense da Dirección Xeral de Conservación da Natureza en 2014 sobre a Ludwigia grandiflora, especie acuática moi perigosa que está…

Cos primeiros chuvascos, vertidos ao río Gafos

Vaipolorío ven de poñer en coñecemento do 112 (Emerxencias de Galicia) e Augas de Galicia os vertidos de varios pozos de rexistro do colector de augas fecais que están indo a parar directamente ao rio. Vaipolorío está a cumplir o acordo da Xunta Directiva do 31 de agosto onde se decidiu facer un seguimento especial…