A UNED de Lugo acollerá este sábado o XXXV curso de formación do proxecto ríos

Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental en ríos coordinado pola asociación ecoloxista ADEGA, celebrará o vindeiro sábado, 1 de outubro, o seu XXXV Curso de formación de coordinadores e coordinadoras de grupos do Proxecto Ríos. Desta volta, a xornada formativa dedicarase ao mexillón de río e á identificación dos macroinvertebrados biondicadores dos cursos fluviais….

ADEGA promove a catalogación e inventario de humidais para dotalos de protección

O Inventario de Humidais e as zonas protexidas no Plano Hidrolóxico son dúas ferramentas útiles para preservar da degradación as áreas húmidas galegas, ameazadas por infraestruturas e eólicos. ADEGA promove o coñecemento e catalogación destes espazos por veces esquecidos polas administracións e que a miúdo rematan degradados por eólicos, canteiras, eucaliptos… Foi por iniciativa de ADEGA que…

XV Limpeza Simultánea de Ríos. Móllate polos Ríos

ADEGA Convoca para o Domingo 25-S a XV Limpeza Simultánea de Ríos Galegos O vindeiro domingo 25 de setembro, a organización ecoloxista ADEGA e Proxecto Ríos mobilizarán centos de voluntarios e voluntarias que se mollarán polos ríos e acudirán á XV edición da Limpeza Simultánea de Ríos galegos, para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental…

APDR denuncia a evidente responsabilidade de ENCE na situación do Lérez

Asistimos con fonda preocupación á situación de escaseza de auga na conca do Lérez, unha situación que ten a súa orixe en factores climatolóxicos relacionados co cambio global polo que, de non mudar os hábitos de consumo e o modelo de desenvolvemento económico e social hoxe dominante, ameaza con converterse nun fenómeno permanente no tempo…

Verdegaia leva o caso da mina de San Finx á ONU

Verdegaia denuncia ante o Comité de Cumprimento da Convención de Aarhus a vulneración do dereito de acceso á xustiza en materia de medio ambiente Expoñemos ante a ONU o “círculo de impunidade” xudicial creado por volta de todo o que acontece nesta mina e dos altos cargos que o permiten Verdegaia ven de presentar esta…