A Confederación Hidrográfica abre dous novos expedientes sancionadores contra o Concello de Ponteareas por verquidos de augas residuais sen autorización

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido estes días novas comunicacións da Confederación, dando conta da apertura de novos expedientes sancionadores contra o Concello de Ponteareas polos verquidos de augas residuais sen depurar desde a depuradora de Ponteareas ata o espazo protexido Río Tea. Estes expedientes súmanse aos outros moitos que xa abriu a administración central... Seguir lendo →

A Confederación Hidrográfica sanciona oa Concello de Ponteares con 314.000 Euros por verquidos continuados ao Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de recibir comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil na que se informa da imposición dunha multa de 314000€, concretamente 275.000,00€ de multa polo verquido de augas residuais sen depurar ao cauce do río Tea na mal denominada depuradora municipal e outros 39191,04€ en concepto de indemnización polos danos producidos no dominio... Seguir lendo →

Parlamentarios galegos e europeos visitan Ponteareas para coñecer a problemática ambiental do río Tea

O Grupo Ecoloxista acompañou este mércores a Marcos Cal, parlamentario galego de En Marea, e a Celtia Traviesas, asistente da europarlamentaria de Podemos Estefanía Torres, durante a súa visita a diferentes puntos do río Tea onde nos últimos tempos se realizaron unha serie de obras, con sucesivos paseos fluviais que alteraron o ecosistema e prexudicaron... Seguir lendo →

Enxurradas polas obras da A-57

Vaipolorío puxo en coñecemento do 112 as enxurradas que se están a producir nos ríos (río Pintos, río do Barco, río de Bois, etc.) que alimentan pola marxe esqueda o río Tomeza (Gafos) provintes das obras da NAVALLADA DA AUTOVIA CHAMADA A-57 NO MONTE DA FRACHA.

ADENCO presenta novas denuncias por verquidos de augas residuais ao río Tea no Concello de Ponteareas

O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de presentar novas denuncias por verquidos de augas residuais sen depurar por parte do Concello de Ponteareas ao río Tea. Concretamente, os feitos ocorreron o pasado cinco de setembro, a través do aliviadoiro da depuradora municipal. Trátase dun verquido directo sen ningún tipo de tratamento. Son augas contaminadas que se... Seguir lendo →

A Confederación propón unha multa de 26.000 euros ao Concello de Ponteareas polos verquidos da depuradora

O Grupo Ecoloxista ADENCO acaba de recibir notificación da proposta de sanción da Confederación Hidrográfica Miño-Sil ao concello de Ponteareas polos verquidos da depuradora ao espazo protexido río Tea, denunciados no seu momento pola entidade ecoloxista do Condado e que supuxeron a apertura dun expediente sancionador ao concello. Na resolución, a Confederación constata a realización... Seguir lendo →

Verdegaia solicita a intervención da Demarcación de Costas no regato de Listres (Ribeira)

Desde hai algún tempo véñense producindo na desembocadura do regato de Listres, situada entre as parroquias de Castiñeiras e Aguiño (ambas pertencentes ao concello de Ribeira) problemas de diversa índole que desde Verdegaia consideramos que precisan dunha intervención urxente. Este regato, que é estacional (no verán con frecuencia baixa seco) e cunha desembocadura de curso... Seguir lendo →

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑