A Confederación Hidrográfica multa novamente ao concello de Ponteareas polas obras de restauración da senda do Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido fai uns días notificación da nova sanción imposta ao Concello de Ponteareas polas obras de restauración da senda do río Tea. Estas actuacións, denunciadas por ADENCO en decembro de 2016, foron realizadas, segundo consta na Resolución, sen autorización administrativa da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. A presente sanción ao Concello... Seguir lendo →

ADENCO considera positivo que se atendan as súas demandas e se fagan actuacións para evitar os verquidos no río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO considera positivo o recente anuncio da realización de actuacións por parte da Confederación Hidrografica Miño Sil para a mellora do saneamento do casco urbano de Ponteareas e a depuradora do concello na Moscadeira. Desde o Grupo Ecoloxista vaise estudar o proceso de licitación anunciado pola entidade hidrográfica e a seguir controlando... Seguir lendo →

A Confederación Hidrográfica abre un novo expediente sancionador contra o Concello de Ponteareas por verquidos de augas residuais ao río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO recibiu estes días a comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil sobre o inicio dun novo expediente sancionador contra o Concello de Ponteareas por verquidos de augas residuais sen depurar ao río Tea. Nesta ocasión o expediente sancionador aberto pola Confederación ven derivado dun verquido directo de augas residuais ao cauce do río... Seguir lendo →

A Confederación Hidrográfica abre expediente sancionador contra o Concello de Ponteareas polos verquidos de augas residuais ao río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO recibiu estes días a comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil sobre o inicio do expediente sancionador derivado dos verquidos de augas residuais sen depurar ao río Tea, logo das denuncias presentadas nas últimas semanas por este colectivo, nomeadamente logo do verquido do 12 de novembro do 2017. As denuncias presentadas nas últimas... Seguir lendo →

A Confederación Hidrográfica multa a Unión Fenosa por talas non autorizadas nas beiras do Tea e por danos ao dominio público hidráulico.

O Grupo Ecoloxista ADENCO recibiu estes días a comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil sobre a resolución do expediente iniciado hai uns meses contra Unión Fenosa por danos nas beiras do río Tea en Ponteareas. Concretamente, a raíz dunha denuncia do colectivo ambientalista, a Confederación iniciou un expediente sancionador contra a multinacional eléctrica, por danos no... Seguir lendo →

2 de Febreiro, Día Mundial dos Humidais

VISITA GUIADA ÁS BRAÑAS DO RÍO TOMEZA (GAFOS) DÍA:Venres  2 de febreiro do 2018 SAÍDA:ás 17:00 h da estación de autobuses de Pontevedra DURACIÓN APROXIMADA DA ACTIVIDADE :2 horas  Amancio Castro de Vaipolorío falará e amosará a riqueza biolóxica deste espazo Co gallo desta data Vaipolorío un ano máis celebra e participa no Día Mundial dos... Seguir lendo →

A Confederación abre dilixencias de investigación polos verquidos da depuradora de Ponteareas ao río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido notificación da apertura de dilixencias de investigación en dous expedientes abertos pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Estas actuacións veñen derivadas das diferentes denuncias realizadas polo Colectivo ecoloxista nas últimas semanas en relación con verquidos ao río Tea de augas sen depurar directamente da depuradora de Ponteareas. O Grupo Ecoloxista, que... Seguir lendo →

ADENCO denuncia a utilización de cemento no proxecto de restauración da senda do Tea en Mondariz

O Grupo Ecoloxista ADENCO acaba de ter coñecemento do proxecto de  restauración da senda do Tea en Mondariz. ADENCO considera que as obras solicitadas polo concello de Mondariz á Confederación Hidrográfica Miño Sil contemplan actuacións irracionais desde os puntos de vista técnico, económico e ambiental. Nese senso, o Colectivo ten comunicado recentemente a diferentes administracións... Seguir lendo →

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑