ADEGA vén de denunciar unha roza masiva de matogueira ben conservada, seguida poucos días despois dunha apertura de sucos destinados a plantar eucaliptos, no concello de Sobrado dos Monxes. Os sucos pasaban mesmo por un prado recentemente pastado contiguo á xa desaparecida matogueira. En abril, os produtores de madeira recoñecían que “se lles foi a…
Categoría: Montes e agricultura
A Xunta financia a manipulación dos máis cativos sobre as “bondades” do eucalipto
ADEGA asiste alarmada á última campaña “educativa” que está a desenvolver o lobby do eucalipto nos centros de ensino públicos de Galiza e advirte aos docentes e á sociedade galega en xeral da intención desta campaña que, malia a presentarse como a de “dar a coñecer o sector forestal galego”, en realidade pretende infundir entre…
A falsa retirada de CO2 nos montes de ENCE
É frecuente atopar nos xornais informacións subministradas pola empresa, nas que ENCE alardea de propiciar a retirada de dióxido de carbono (CO2 ) nas plantacións de eucaliptos que posúe ou xestiona ou naquelas nas que merca madeira para as súas fábricas. Pero este alarde oculta unha grande falsidade; de facermos un balance realista, comprobaremos clara…
A Federación Ecoloxista Galega participa nas alegacións aos proxectos eólicos
Nos últimos días, dentro dunha labor que ten por obxectivo dar resposta á avalancha de proxectos que pretenden inzar de muíños os nosos montes de xeito indiscriminado, a FEG vén de presentar novos informes con alegacións contra os proxectos eólicos Rula e Coto dos Lobos. O primeiro está situado no concello de Cerdedo-Cotobade, mais que…
Semanas despois de ser emitida a Declaración Ambiental Estratéxica (DAE), non se teñen noticias das modificacións solicitadas para a nova redacción da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia
No Anuncio do 3 de xuño de 2021, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, fixo pública a DAE correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040, cara a neutralidade carbónica. Nesta declaración faise un severo reproche á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación…
A ría de Arousa rexeita o novo proxecto de explotación para a mina de Touro e esixe a súa restauración
Unha ampla representación da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA): confrarías de pescadores e agrupacións de produtores de mexillón, alén da Plataforma mina Touro-O Pino Non, colectivos ecoloxistas e sociais, reiteramos a nosa firme oposición ao proxecto de reapertura da explotación da mina de Touro. Logo de que en febreiro pasado Industria rexeitara…
Lignito, encoros, eólicos e agora eucaliptos: Galiza, unha colonia perfecta para ENDESA
Rematado o carbón, ENDESA teima en seguir a espremer a comarca do Eume. Xa deixou claro que pode facer o que lle peta co río, mais agora quere entrar tamén no negocio do eucalipto cun plantío de 543 hectaéas… Logo de décadas de explotación dos recursos mineiros e hidráulicos da bacía do Eume, ENDESA xerou…
“Por un Monte Galego con Futuro” reclama da fiscalía a apertura de dilixencias polos lumes forestais en Reservas da Biosfera e Rede Natura
A plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” vén de se dirixir á Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo de Galiza para solicitar que se practiquen “as dilixencias oportunas e necesarias” para clarexar o acontecido nos incendios forestais producidos nos últimos meses e que afectaron a zonas integradas na Rede Natura 2000 ou Reservas da…
ADEGA intensifica a vixilancia e denuncia de cortas e repoboacións ilegais ante a nova vaga eucaliptizadora
O anuncio por parte da Xunta de Galicia dunha moratoria ou paralización temporal das novas plantacións de eucaliptos en Galiza, sen que esta vaia acompañada dun instrumento normativo que regule a súa aplicación, sen medidas de sanción e sen o necesario reforzo de recursos económicos e humanos, especialmente do corpo administrativo de vixilancia e control…
Manifesto por un Monte Galego con Futuro e contra o Plan Forestal do PP
As organizacións abaixo asinantes rexeitamos na súa integridade a primeira revisión do Plano Forestal de Galiza, tanto a versión exposta a información pública (2018) como a presentada actualmente (2021) no Consello Forestal de Galiza, con vistas a ser aprobado no primeiro trimestre de ano. Así mesmo, solicitamos a súa anulación e a elaboración dunha nova…
Demandamos á Xunta que concrete o paquete de medidas para levar a cabo a moratoria do eucalipto
Tras do anuncio da Xunta de Galicia dunha moratoria para a plantación de eucaliptos a plataforma “Por un Monte Galego con Futuro”(*) alégrase de que por fin o Goberno Galego recoñeza o grave problema económico e ambiental que ten Galiza polo monocultivo do eucalipto. A plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” denuncia que a…
A FEG alerta sobre a proposición de Lei da Recuperación da Terra Agraria
A FEG ven de informar ante o Consello Forestal das ameazas desta proposta de lei, que ainda tratándose dun tema tan importante en Galiza coma é a conservación das terras de cultivo, só contou cun precipitado período de consulta e eleva as contradicións até o dereito á propiedade establecido na Constitución Española.