Contra o lume deseucaliptiza con Verdegaia e Montescola o vindeiro 7 de agosto en Froxán

No domingo 7 de agosto continuaremos coa deseucaliptización nunha nova zona de intervención en Froxán (Lousame), ao longo do rego da Abelleira, en parcelas con acordos de custodia do territorio coa Fundación Montescola, nas que no próximo inverno plantaremos árbores nativas. Será unha convocatoria moi especial, pois teremos conosco ás compas chilenas Verónica González e Nicolás Salazar, que dirixiron o recentemente lanzado…

Concentracións nas 7 cidades galegas, LUMES NUNCA MÁIS!

A plataforma “Por un monte galego con futuro”, integrada por numerosas asociacións e colectivos do país, convocan concentracións simultáneas nas 7 cidades  galegas para mañá xoves 21 ás 20h (20:30 en Ourense) en resposta a vaga de incendios que está a devastar as máis emblemáticas xoias ecolóxicas de Galiza. As entidades convocantes reclamarán a declaración de “zona cartastrófica” (agora…

A FEG ven de enviar unha carta a Valedora do Pobo co obxecto de facer visíbel as irregularidades no Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable

No escrito, os colectivos que forman parte da Federación[1] argumentamos as nosas queixas do funcionamento do Consello da Xunta, que está a desatender ou mesmo pór trabas aos procesos de participación pública que en materia de medio ambiente son preceptivos e están recollidos en multitude de normativas europeas, estatais e autonómicas. Xa no ano 2021…

Verdegaia arranca o Xullo Deseucaliptizador en Froxán (Lousame)

Logo do éxito da força expedicionária á Serra da Estrela, as Brigadas voltan á casa con dúas accións en Froxán (Lousame) programadas para este mes de xullo. A primeira, no domingo 10, abrirá unha nova zona de intervención eliminando eucaliptos ao longo do rego da Abelleira, en parcelas con acordos de custodia do territoria coa Fundación Montescola, nas…

O FDXCC recorre varios complexos eólicos que afectan á pita do monte no Bierzo

O Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica (FDXCC), do que fai parte ADEGA, e a través da Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica, vén de interpoñer recurso de alzada ás aprobacións dos complexos eólicos de Peña del Gato, Valdesamario e La Espina, paralizados durante anos por orde do TSX de Castela e León, que…

A Federación Ecoloxista Galega ven de informar negativamente un proxecto de ordenación dun monte situado integramente en Rede Natura 2000

A Xunta omite avaliación ambiental ordinaria de proxectos en Rede Natura 2000. O CASO DO PROXECTO DE ORDEACIÓN FORESTAL DO MONTE VECIÑAL EN MAN COMÚN CASTRELO E ESPIÑA, NA PARROQUIA DE CUBILLEDO (OURENSE) A Federación Ecoloxista Galega ven de informar negativamente un proxecto de ordenación dun monte situado integramente en Rede Natura 2000, concretamente na…