O pasado martes o Pleno de Ponteareas decidiu aprobar a Moción, presentada por ADENCO e que foi defendida polo concelleiro de esquerda unida, na que se solicitaba a declaración de concello libre de eucaliptos. Esta aprobación súmase á acontecida nos últimos meses noutros concellos do territorio galego. O Pleno aprobou tamén o acordo de que…
Categoría: Montes e agricultura
ADENCO solicita aos Concellos do Condado que se declaren como libres de eucaliptos
O Grupo Ecoloxista ADENCO ten presentado por rexistro nos concellos da Comarca do Condado escritos nos que se lle solicita aos Plenos municipais a súa implicación na loita contra a eucaliptización existente na Comarca mediante a declaración de Concellos Libres de Eucaliptos. ADENCO solicita tamén que cada un dos concellos de O Condado desenvolva de…
Unha ILP para pararlle os pés ao eucalipto e darlle unha oportunidade ao noso monte
Este 19 de outubro as entidades que facemos parte da iniciativa “Cousa de Raíces” vimos de presentar no Parlamento unha lei para salvar os nosos bosques do lume e dos eucaliptos. É hora de ver de que lado está cadaquén! EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A pesar da importancia da superficie de monte en Galiza, por volta…
ADEGA esixe medidas urxentes de restauración nas zonas queimadas e a declaración de zona catastrófica
Perante os graves danos sociais e ambientais causados polos lumes, urxe a declaración de zona catástrófica nos lugares afectados. Deste xeito poderanse dispoñer medidas e axudas para compensar rápidamente as perdas e recuperar o pulso social e económico após os terríbeis incendios que queimaron ducias de vivendas, milleiros de hectáreas de cultivos, pastos, instalacións agrícolas,…
A eucaliptización mata: os lumes máis perigosos inícianse nos despachos
Pesar polas recentes mortes, indignación pola incompetencia da Xunta e orgullo pola actuación da veciñanza Cinismo sen límites: a culpa é de Portugal e de Ofelia Para ADEGA as causas estruturais dos incendios forestais están xa suficientemente diagnosticadas dende hai anos, e as medidas precisas para reducir a súa incidencia son tamén coñecidas. A pregunta…
Verdegaia e outros colectivos ambientais presentan alegacións ao Plan Básico Autonómico (PBA)
O Plan Básico Autonómico é un instrumento que debidamente configurado podería ter unha influencia fundamental na futura evolución de Galiza. Con este Plan poderían trazarse as liñas básicas de actuación para a adecuada utilización do solo, da enerxía e dos materias, de tal xeito que se minimicen os efectos do cambio climático, se preserven en…
Lei de iniciativas empresariais: o PP dá patente de corso a mineiras e eléctricas para asaltaren o territorio
Comunicado de imprensa da Alianza Rural Galega (ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM) O PP vén de presentar no Parlamento pola vía de urxencia a proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galiza. A norma é un auténtico caixón “desastre” que modifica pola porta de atrás outras disposicións (como as famosas…
Non a Porto Cabral
DESPOIS DE QUE OS VICIÑOS FALARON, VOTARON E DIXERON NON A PORTO CABRAL, A Xunta Rectora volta cun novo intento de apropiación do monte veciñal para fins diferentes dos propios da súa natureza. Porto Cabral volta sair à palestra parece ser coa finalidade de contruir un macrocentro comercial, a expensas dun monte mancomunal NECESITAMOS O…
CERNA contribúe ao debate sobre o eucalipto na súa edición de verán
A proliferación do eucalipto en Galiza volve á primeira plana do debate social. O polémico “Decreto do Eucalipto”, a anunciada renovación do Plan Forestal Galego, a incidencia cada vez máis virulenta dos incendios forestais, a moratoria a novas plantacións en Portugal ou a fatídica catástrofe incendiaria no país veciño, fixeron reavivar as críticas sociais sobre…
Datos, non manipulacións: a incidencia do lume nos eucaliptais é máis do triplo que nas frondosas autóctonas
Perante a evidencia de que a masiva coberteira de eucaliptos agravou o lume en Pedrógão, ENCE apurouse en demostrar con “datos, non opinións” que o eucalipto pouco ten a ver cos incendios na Galiza. Excusatio non petita… A seguir das declaracións do Dir. Xeral de Montes da Xunta que non vía relación entre os recentes…
Aprendamos dos lumes forestais de Portugal
Coa tranquilidade que da o paso do tempo, que permite analizar e tirar conclusións cunha certa distancia dos desastrosos lumes forestais sufridos nos montes da nosa veciña Portugal, desde a APDR queremos reflexionar sobre a situación dos nosos montes e o modelo de política forestal adoptado pola administración galega para a súa xestión. Porque, con…
A Xunta tapa ollos e orellas fronte ás denuncias por plantacións ilegais de eucaliptos
O Dir. Xeral de Montes (Ordenación Forestal) Tomás Fernández Couto vén de afirmar, encol dos tráxicos lumes de Portugal, que de cumprirse as leis na Galiza sería difícil ver incendios como o de Pedrógão Grande. Talvez refírese a esas mesmas normas que como a Lei de Montes ou a Lei de Patrimonio, a Xunta adoita…