Denegada a autorización ambiental para o macrovertedoiro de Lousame

A Xunta vén de denegar a autorización ambiental do macro-vertedoiro de Lousame, unha instalación para soterrar 1 millón de ton. de residuos ás portas da ría de Noia. A D. X. de Calidade Ambiental e Cambio Climático rexeita o proxecto por “causar efectos negativos significativos sobre o medio ambiente”, “contradicir o principio de promover a…

Compostaxe? Será por cartos…!

O Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente abre de novo a convocatoria de axudas PIMA para mellorar a xestión de residuos, en concreto a separación da materia orgánica e compostaxe. O obxectivo destas axudas é promover actuacións que permitan reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI), de feito do total…

Perante a confirmación da contaminación por lindano en Ponteareas ADENCO esixe actuacións ao Concello e á Xunta

Esta semana o Concello de Ponteareas vén de confirmar a existencia de aterramentos con terras contaminadas por lindano na parroquia de Xinzo.  Esta confirmación prodúcese mes e medio despois de que o Grupo Ecoloxista ADENCO presentara varios escritos ao concello de Ponteareas e ante a Consellería de Medio Ambiente solicitando información sobre estes posibles aterramentos…

O ´porta a porta´rural de San Sadurniño demostra a súa viabilidade

O Concello  de San Sadurniño celebrou recentemente unha xuntanza veciñal en Naraío para dar conta dos resultados da recollida de lixo en varias zonas desta parroquia e da de Igrexafeita onde o ano pasado se introduciu o denominado “Porta por porta”. Un sistema consistente en achegar máis os colectores ás vivendas, en facer unha correcta…

Verdegaia non vai permitir a construción dun vertedoiro en Lousame

O vertedoiro proxectado para Lousame non se adapta á normativa de xestión de residuos, contén numerosas imprecisións e erros, e supón un risco grave para a saúde da poboación próxima e un grave perigo de contaminación do ambiente incluíndo os acuíferos dos que se abastece a Vila de Noia e a propia Ría de Muros-Noia…

Grande parte dos residuos que SOGAMA envía a vertedoiro incumpren os límites legais de contaminantes

Perante os diversos intentos de SOGAMA de ‘deslocar’ o seu vertido de residuos a outras ubicacións diferentes da Areosa (Trazo, Ordes…) ADEGA requeríu da administración a caracterización destes refugallos. A crecente preocupación da poboación situada nos arredores destes novos vertedoiros estaba xustificada: a prática totalidade dos refugallos analisados incumpren cos mínimos legais de contaminantes. Residuos…