O inicio das obras dunha gasolineira cerca do río Valiñas pon en perigo a biodiversidade do río e da Ría do Burgo ao verter continuamente terra na canle que chegará á Ría do Burgo. As verteduras ilegais desta obra, están a provocar alteracións no ecosistema do río e poñen en risco a súa fauna e…
Categoría: Xeral
O futuro das electrointensivas na Galiza centra o nº 83 da Revista Cerna
ADEGA presenta o número 83 da Revista Cerna, a publicación sobre ecoloxía e medio ambiente en Galiza. Nesta edición faise un repaso por algunhas das centrais eléctricas máis contaminantes do noso país e as electrointensivas (industrias que representan o 34% do consumo eléctrico total de Galiza) que dependen delas, afondando no caso de Alcoa ante…
Organizacións sociais contrarias ao Plan Forestal reuníronse co PSOE e BNG
Trala xuntanza mantida o pasado venres co grupo parlamentario do PP, representantes da fronte de organizacións sociais, ecoloxistas, agrarias e sindicais1 que se opoñen á primeira revisión do Plan Forestal de Galiza (PFG) reuníronse o pasado 9 de febreiro, co PSOE e o BNG no Parlamento de Galiza. A representación da fronte estivo integrada, desta…
Asamblea anual da Federación Ecoloxista Galega
A Federación Ecoloxista Galega, FEG, engloba 11 colectivos tanto locais e comarcais como nacionais. A Asemblea anual celebrada durante o mes de xaneiro de 2021 aprobou renovar a súa Coordinadora, dar un pulo á Federación como punto de encontro do ecoloxismo galego, incorporar novos grupos e apoiar e realizar campañas e accións relacionadas tanto cos…
Accións de protesta contra o reparto dos fondos europeos de recuperación Next Generation
Organizacións ecoloxistas, sindicais, políticas e colectivos sociais protestamos ante diferentes sedes administrativas para denunciar o escuratismo e a falta de participación pública no reparto dos fondos europeos de recuperación. Sinalamos que estes fondos van ir a parar ás mesmas grandes empresas e sectores industriais que levaron á grave crise climática, social, económica e sanitaria que…
Xunta e Estado poden e debren pechar xa as granxas de visón polo alto risco de transmisión da Covid-19
ADEGA vén de solicitar novamente á Presidencia da Xunta e á Delegación do Goberno en Galiza o peche cautelar das 26 granxas de visón americano no noso territorio. Teñen capacidade legal e ferramentas para facelo: a que están agardando? A recente aparición de casos de SARS-CoV-2V nunha granxa de visón americano (Neovison vison) no concello coruñés da…
Sobre a petición do Parlamento Galego de modificación da Lei de cambio climático e transición ecolóxica en tramitación
ecentemente o Parlamento Galego, cos votos do PP e o BNG, ten solicitado ao Goberno a retirada do artigo 18 da lei de cambio climático e transición ecolóxica, que se atopa en tramitación, e que segundo se ten feito público preténdese aprobar no primeiro trimestre de 2021. Refírese este artigo, ao prazo máximo de duración…
A veciñanza de Tameiga acude a fiscalía ante as ilegalidades da cidade deportiva do Celta
A asociación de veciños A Portela (Tameiga) insta á Fiscalía a que abra dilixencias por delitos de prevaricación administrativa e contra a ordenación do territorio pola obras da cidade deportiva do RC Celta en Mos. A asociación veciñal sinala ao R.C. Celta, a todos os concelleiros do goberno municipal de Mos que participaron nas xuntas…
A Autoestrada AG-59 ameaza hábitats e especies protexidas pola UE non contempladas no EIA
ADEGA vén de presentar alegacións contra a ampliación da autoestrada AG-59, no treito que pretende unir A Ramallosa co concello da Estrada. Este trazado afecta ao espazo natural protexido como Zona de especial conservación (ZEC) do “Sistema Fluvial Ulla-Deza”, forma parte da Rede Natura 2000, e sitúase a escasos 600 m de “A Burga”, outro…
Denunciamos as continuas molestias polo excesivo ruído en ENCE
Desde a APDR, ante as novas queixas feitas públicas nos últimos días por persoas que residen na contorna da fábrica de Ence, nas que inciden nas molestias que de maneira continuada -e desde xaneiro de 2019- vén provocando o ruído producido por esta instalación industrial, e que afectan ao seu descanso e à súa calidade…
ADEGA e Salvemos O Iribio celebran a demoledora sentenza do TSXG que anula o PE Serra do Iribio
A Sección 3ª de contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de anular e deixar sen efecto “por non ser acorde a dereito” o Acordo do Consello da Xunta do 27 de xuño de 2019 polo que se aproba a modificación definitiva do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Parque eólico Serra do…
A Xunta autorizou granxas de visón en contra dunha sentenza do Tribunal Supremo
4 das 26 granxas de visón actualmente en funcionamento en Galiza poden ser ilegais, ao telas a Xunta autorizado despois de marzo de 2016. Nesta data o Supremo prohibíu novas instalacións e ampliacións en todo o territorio do Estado. A propia Xunta achegou información en resposta a unha reclamación de ADEGA dando conta do estado das granxas…