Queres vir e desfrutar dun paseo en familia para celebrar o día do Pai connosco?? Este domingo, 19 de marzo do 2023, de 10:30 a 13h, faremos un paseo polo río Mero para desfrutar dun pequeno recorrido gozando da biodiversidade que atrae o seu cauce. A xornada é de balde e aberta ao público. Así e todo, para a…
Categoría: Xeral
Empresa madrileña promove a primeira macroplanta solar en Galiza e ameaza a unha das 6 parellas de aguia real
A planta solar fotovoltaica “A Gudiña” de 66 MW e 110 hectáreas de superficie e promovida pola empresa madrileña “Amber Solar Power 29” sitúase a menos de 3 km do niño dunha das únicas 6 parellas de aguia real (Aquila chrysaetos) que temos en Galiza, catalogada como “en perigo de extinción” segundo o Catálogo Galego…
9 de marzo, Día do Naturalismo galego: Ecoloxistas denunciamos a preparación dun “crime perfecto” fronte ás costas galegas
Comunicado de ADEGA, FEG, G.N. Hábitat, SGO, SGHN e Verdegaia Neste 9 de marzo de 2023 en que se celebra por primeira vez o Día do Naturalismo Galego (conmemorando o natalicio de Frei Martín Sarmiento) ADEGA, FEG, G.N. Hábitat, SGO, SGHN e Verdegaia queren denunciar a preparación dun CRIME PERFECTO FRONTE ÁS COSTAS GALEGASA área…
Comunicado conxunto das Asociacións Eco-Naturalistas co gallo do día do Naturalismo Galego o 9 de marzo
Para as entidades abaixo asinantes, é unha auténtica honra participar neste acto de homenaxe e de reivindicación. De homenaxe porque o vindeiro 9 de marzo se conmemora o natalicio en 1695 do primeiro sabio estudoso da natureza de Galiza: Pedro José García Balboa, isto é, o Padre Martín Sarmiento, a quen podemos considerar o primeiro naturalista histórico galego. E de reivindicación porque…
Senda Nova presenta un novo número da revista Abrindo Camiño
Marcamos no calendario o vindeiro día 18 de marzo como un día importante.Ese sábado ás 12h. , o Espazo da Natureza de Oza acolle a benvida á cuarta edición da revista ABRINDO CAMIÑO editada por esta casa. Como nas edicións 0, 1, 2 e 3, o obxectivo deste número é recoller as informacións sobre a…
Pasado, presente e futuro do naturalismo galego
O vindeiro xoves 9 de marzo celebramos o noso primeiro día do naturalismo galego, e que mellor xeito de facelo que conversando entre naturalistas nun “Falando de natureza”. Rodeados de compañeir@s de paixón, debateremos sobre o pasado, presente e futuro do naturalismo en Galicia. Naturalistas de todas as idades contarannos as súas vivencias, anécdotas, inquedanzas e…
ADEGA traslada á Fiscalía Xeral do Estado a denuncia contra o indulto millonario da Xunta a Greenalia
A Fiscalía de área de Santiago de Compostela vén de notificar a ADEGA o arquivo das dilixencias de investigación penal nº 71/22, relativas á denuncia presentada por esta asociación en novembro de 2022, pola modificación ilegal do plan industrial asociado ao proxecto do parque eólico Campelo de Greenalia. Na denuncia expoñíase polo miúdo o contido…
A FEG apoia a manifestación do sábado 4 de Marzo, ás 11 da mañá na Alameda de Noia, contra as verteduras da balsa de agua da Mina de San Finx
A FEG súmase á convocatoria realizada polo sector do mar na ría de Muros-Noia co apoio de confrarías de pescadores e mariscadores e outras organizacións do sector. A FEG xunto con outras organizacións ecoloxistas e sociais veñen denunciando en reiteradas ocasións a situación da balsa de residuos mineiros da Mina de San Finx coa perigosidade…
Presentamos unha queixa pola reiterada negativa da Presidencia a permitir no COGAMADS o debate sobre as repercusións ambientais do “boom” eólico
Os vogais ecoloxistas no COGAMADS (Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel) vimos de acudir en amparo á Valedora do Pobo para que se nos permita exercer libremente as nosas funcións como membros deste organismo colexiado. Diante do persistente veto da presidenta, a conselleira Ángeles Vázquez, a incluir na orde do día unha proposta…
Marzo Brigadista con VERDEGAIA: Sábado 4 en Darbo (Cangas)
A Comunidade de Montes Veciñais de Darbo (Cangas) en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia convocan unha nova roga no Morrazo o sábado 4 de marzo. Que faremos? Será unha xornada dura de corta de eucaliptos novos, mais de certa altura, así como de carga e distribución da madeira.Tamén aproveitaremos para arrincar brotes e descascar. Lugar de encontro: Pequena chaira para deixar…
Marzo brigadista con VERDEGAIA: Domingo 5 en Vilacova (Lousame)
En maio de 2021 as Brigadas deseucaliptizadoras iniciaron o traballo de deseucaliptización no Monte da Aguieira (Vilacova) onde se machacaron os rebrotes dos eucaliptos nunha das parcelas de varias hectáreas do monte veciñal. O próximo 5 de marzo voltamos á carga da man da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vilacova, en Lousame. Que…
SENDA NOVA continúa co ciclo das Conversas do Rural dende o ESPAZO DA NATUREZA DE OZA
O ESPAZO DA NATUREZA DE OZA segue coa dinamización do rural a través dunha nova xeira de conversas que pretende a interacción dos asistentes con intervencións enfocadas a temáticas varias que teñen como nexo o rural. O venres día 10 febreiro ás 19h será a presentación-conversa do libro MISTERIOS E ENCANTOS DE BERGANTIÑOS, unha obra…