XORNADA DE LIMPEZA DOS ELEMENTOS VEXETAIS DA PONTE DO COUTO DO RÍO TOMEZA/GAFOS. Sábado 15 de abril ás 10h na propia ponte. AVISO:CONFIRMAR ASISTENCIA no tf. 676 842 942 ANTES DO SÁBADO PARA PROGRAMAR O TRABALLO
Categoría: Xeral
15-A: Plantación de árbores de ribeira no río Tins (Serra de Outes) con verdegaia e Montescola
As Brigadas acuden á chamada de colaboración de Montescola para participar na primeira Xornada de voluntariado ambiental do proxecto ReNatur_Outes para a renaturalización fluvial do río Tins ao seu paso polo Concello de Outes. O sábado 15 de abril comezan as intervencións de voluntariado ambiental co obxectivo de plantar nese día medio cento de ameneiros (Alnus glutinosa) nas marxes do río, acción coa…
A figura do Xestal iniciará a XIV Primavera en Ruta de Senda Nova
Os participantes da Escola Ambiental foron os encargados de dar o pistoletazo de saída da XIV Primavera en Ruta organizada por Senda Nova. Ao acto asistiron integrantes da asociación así como de concellos colaboradores ademais de Protección Civil de Carballo. Tamén asistiron as mesmas familias dos nenos e nenas de Senda Nova e é que…
APDR acode á Unión Europea contra a prórroga de ENCE
“Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra” (APDR), vén de solicitar á Segredaría Xeral da Comisión Europea que se lle teña como parte interesada no Expediente incoado ao Estado Español polas irregularidades cometidas á hora de outorgar distintas concesións administrativas no Dominio Público Marítimo-Terrestre (DPMT), entre outras a correspondente á fábrica de ENCE en Lourizán….
ADEGA falla os Premios Osíxeno e Dioxina 2022, que entregará o 15 de abril en Lugo
A asociación ecoloxista ADEGA vén de fallar os Premios Osíxeno e Dioxina de 2022, que xa acadan a súa 22ª edición. Estes galardóns pretenden recoñecer e destacar publicamente as mellores e peores accións ou actitudes exercidas de forma individual e colectiva fronte o medio ambiente galego durante o período anual. Desta volta, ADEGA quixo premiar en…
Ecoloxistas da Cordilleira Cantábrica reunímonos co Ministerio para denunciar a falsa Transición Xusta
Con motivo da visita ao Bierzo da ministra para a Transición Xusta, catro colectivos ecoloxistas, entre eles ADEGA, solicitamos unha entrevista que “non puido ser”. O gabinete da ministra derivou a xestión á directora do Instituto de Transición Xusta, Laura Martín Murillo, quen se reuniu con representantes da Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica,…
Primeiro de Abril… As brigadas van onde deben ir! (Lentille)
Superados os rigores do inverno e enfiados os traballos na viña, a Asociación Veciñal de Lentille volve convocar as Brigadas para outra xornada de desacaciación e convívio na nosa aldea. Será no sábado 1 de abril, mas non é asneira. De veras, contamos convosco! Desta volta seguiremos avanzando na liberación de camiños veciñais do cerco da mimosa, descascaremos algúns…
Néboa Mediambiente celebra o Día da árbore plantando en Vilarbó
Néboa Medio Ambiente é unha entidade ecoloxista que naceu alá polo ano 1996 plantando árbores, e a día de hoxe seguimos a plantar árbores, é algo que nos gusta facer e que procuramos facer varias veces ao ano, sen que falte un só ano sen facelo, nin a pandemia consigueu que Néboa Medio Ambiente deixara…
Senda Nova presenta a XIV Primavera en Ruta
O vindeiro sábado día 1 de abril ás 12h. no Espazo da Natureza de Oza terá lugar a presentación dunha nova edición do programa máis antigo da asociación, a Primavera en Ruta. No acto serán protagonistas as rapaces e rapaces da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo. Están convidados e convidadas, representantes de todos…
ADEGA reclama para usos ambientais os caudais que ALTRI e XEAL pediron bombear do Ulla e Xallas
ADEGA vén de participar no trámite de concorrencia de proxectos para a concesión de caudais con destino a usos industriais e hidroeléctricos que ALTRI e XEAL solicitaron no Ulla e Xallas respeitivamente. Trátase dun procedemento de concorrencia de proxectos regrado no Regulamento do Dominio Público Hidráulico (RDPH) que se abre cando unha ou máis empresas…
A Coordinadora “Eólica Así Non” chama o pobo galego a rodear a Xunta o domingo 23 de abril
Coincidindo coa data límite establecida pola normativa vixente para outorgar autorización previa aos proxectos eólicos promovidos en Galiza con declaración de impacto ambiental favorábel, a Coordinadora Eólica Así Non convoca o pobo galego a participar nunha nova mobilización masiva en Santiago de Compostela, o vindeiro 23 de abril. Esta mobilización chama aos galegos e galegas, ás plataformas de veciños…
ADEGA reclama á CHMS que denegue a autorización do proxecto da Rolda Leste, sen avaliación ambiental
ADEGA vén de reclamar á Confederación Hidrógráfica Miño-Sil información sobre se ten autorizado o proxecto de construción da Rolda Leste, e en todo caso que denegue a autorización para a realización das obras, xa que o proxecto conta cunha avaliación de impacto ambiental totalmente desfasada sen contemplar a nova normativa en materia de augas. Para…