A central de gas fósil das Pontes foi a maior fábrica de Cambio Climático en 2022

A central de ciclo combinado a gas fósil das Pontes emitiu 1,22 millóns de toneladas de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) durante 2022, converténdose na maior fábrica de cambio climático de Galicia. A veciña central de carbón, tamén propiedade de ENDESA, foi a terceira industria galega con maior impacto climático (1). A seca e o estancamento da potencia…

12 meses, 12 invasoras con Verdegaia. Retiramos Tintureira no río Barxa (Sárdoma)

Verdegaia continúa coa campaña ‘12 Meses, 12 Invasoras’ que decorre ao longo deste 2023 co obxectivo de visibilizar o problema ambiental que supoñen as Especies exóticas invasoras (EEI). Este mes de Abril adicámolo á Tintureira (Phytolacca americana), na ficha adxunta indicamos datos básicos sobre esta planta e o Domingo 30 de Abril realizaremos unha actividade…

Vipers in the city: Maio 2023 con Hábitat

Despois da gran acollida que tivemos o ano pasado coa iniciativa, este domingo, 7 de maio do 2023, os nosos compañeiros, David Dopereiro e Ismael Espasandín, volverán a amosarannos o seu traballo coa herpetofauna no concello de A Coruña, en concreto, coa víbora de seoane (Vipera seoanei). A actividade constará dunha charla e dunha saída na zona de…

O TSXG tamén confirma a nulidade do PE do Oribio e pecha definitivamente o caso

O pronunciamiento de TSXG responde ao último recurso da promotora que quedaba pendente tras o auto do Tribunal Supremo de outubro, que tamén declarou a nulidade e sentou xurisprudencia. Xa non hai máis vías posibles para retomar o proxecto do parque eólico de Oribio (Iribio), nos concellos de Samos e Triacastela, na provincia de Lugo, despois de que o Tribunal Superior…

Hábitat presenta BioDiversidade cos usuarios do Hospital de día de Saúde Mental do Hospital Marítimo de Oza

Mañá mércores, 19 de abril, desenvolveremos unha nova actividade no marco do noso programa BioDiversidade, iniciativa onde procuramos unha #naturezainclusiva con diversos colectivos, promovendo a integración e a participación activa en materia de coñecemento, divulgación e conservación do patrimonio natural. Nesta ocasión, en compañía dos usuarios do Hospital de día de Saúde Mental do Hospital Marítimo de Oza, faremos…

Viveiro en Rede con Brexa

Por iniciativa dunha socia temos un novo proxecto en marcha Viveiro en Rede co obxectivo de dispoñer de exemplares para as nosas plantacións coa a axuda de soci@s e colaborador@s. Se queres participar tes a información no seguinte cartaz.