O pasado día 16 de maio, a asociación ecoloxista ADEGA lanzaba a campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos para conquerir fondos para poder emprender accións xurídicas contra os proxectos eólicos autorizados pola Xunta de Galiza en xaneiro deste ano, e que son produto dun modelo enerxético desordenado, insustentábel e inxusto co pobo galego. Unha semana despois…
Etiqueta: ADEGA
ADEGA denuncia novas plantacións ilegais de eucalipto na Serra do Xistral
Membros da Comisión de Montes da asociación ecoloxista galega ADEGA realizaron recentemente unha saída ao campo polos arredores da Serra do Xistral, motivados pola detección de múltiples infraccións relacionadas con plantacións ilegais de eucaliptos. Nunha soa xornada, na que se percorreron varias parroquias dos concellos de Abadín e Vilalba, próximas á Zona de Especial Conservación…
ADEGA respostará cunha batería de recursos xudiciais a aprobación “express” de 75 parques eólicos por parte da Xunta
O pasado 25 de abril remataba o prazo fixado polo Estado para que as CC.AA. concederan as autorizacións administrativas previas a aqueles proxectos de renovábeis coa DIA (Declaración de Impacto Ambiental) favorábel e aínda en tramitación. Nestas circunstancias atopábanse en Galiza ducias de parques eólicos sobre os que a Xunta tiña que resolver, polo que…
ADEGA demanda a Teresa Ribera unha moratoria aos eólicos en Galiza para evitar unha “transición inxusta”
ADEGA vén de trasladar á Ministra de Transición Ecolóxica Teresa Ribera unha carta e un informe no que expoñemos as eivas do despregue das renovábeis en Galiza, causa dunha forte resposta social, e lle pedimos que decrete unha moratoria na aplicación dos Reais Decretos-Lei 6/2022 e 20/2022 no que atinxe á tramitación de proxectos de xeración de…
Conseguimos o reto! Rodear a Xunta contra máis de 75 proxectos macroeólicos especulativos
Este domingo, 23 de abril, a Coordinadora “Eólica Así Non” volveu mobilizar ao pobo galego en contra da actual depredación macroeólica especulativa, que desta volta, conseguiu rodear cunha cadea humana multitudinaria todo o perímetro das depedencias da Xunta de Galicia, en San Caetano, Santiago de Compostela. A pesar da chuvia, máis de 2000 persoas acudiron…
O TSXG tamén confirma a nulidade do PE do Oribio e pecha definitivamente o caso
O pronunciamiento de TSXG responde ao último recurso da promotora que quedaba pendente tras o auto do Tribunal Supremo de outubro, que tamén declarou a nulidade e sentou xurisprudencia. Xa non hai máis vías posibles para retomar o proxecto do parque eólico de Oribio (Iribio), nos concellos de Samos e Triacastela, na provincia de Lugo, despois de que o Tribunal Superior…
O Proxecto Ríos impulsa as XXXVI Xornadas de Formación sobre os cursos fluviais
O Proxecto Ríos, iniciativa de ADEGA, lanza un ano máis o seu curso de formación para persoas interesadas no coñecemento e coidado dos nosos ríos. Terá lugar no IES de Brión o vindeiro sábado, 22 de abril, dende as 10:00 ata as 14:30 horas. Desta volta, na súa xa 36 edición destas xornadas, o Proxecto…
Loita contra a vaga eólica, os eucaliptos e o modelo SOGAMA: liñas de acción claves de ADEGA en 2023
A 47ª Asemblea Xeral de ADEGA celebrouse no Centro Sociocultural Uxío Novoneyra en Lugo e culminou cun xantar de confraternización e coa entrega dos Premios Osíxeno e Dioxina 2022. A asociación ecoloxista ADEGA celebrou este pasado sábado, 15 de abril, a súa 47ª Asemblea Xeral de socias e socios, na que fixo balance do traballo…
ADEGA falla os Premios Osíxeno e Dioxina 2022, que entregará o 15 de abril en Lugo
A asociación ecoloxista ADEGA vén de fallar os Premios Osíxeno e Dioxina de 2022, que xa acadan a súa 22ª edición. Estes galardóns pretenden recoñecer e destacar publicamente as mellores e peores accións ou actitudes exercidas de forma individual e colectiva fronte o medio ambiente galego durante o período anual. Desta volta, ADEGA quixo premiar en…
Ecoloxistas da Cordilleira Cantábrica reunímonos co Ministerio para denunciar a falsa Transición Xusta
Con motivo da visita ao Bierzo da ministra para a Transición Xusta, catro colectivos ecoloxistas, entre eles ADEGA, solicitamos unha entrevista que “non puido ser”. O gabinete da ministra derivou a xestión á directora do Instituto de Transición Xusta, Laura Martín Murillo, quen se reuniu con representantes da Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica,…
ADEGA reclama para usos ambientais os caudais que ALTRI e XEAL pediron bombear do Ulla e Xallas
ADEGA vén de participar no trámite de concorrencia de proxectos para a concesión de caudais con destino a usos industriais e hidroeléctricos que ALTRI e XEAL solicitaron no Ulla e Xallas respeitivamente. Trátase dun procedemento de concorrencia de proxectos regrado no Regulamento do Dominio Público Hidráulico (RDPH) que se abre cando unha ou máis empresas…
ADEGA reclama á CHMS que denegue a autorización do proxecto da Rolda Leste, sen avaliación ambiental
ADEGA vén de reclamar á Confederación Hidrógráfica Miño-Sil información sobre se ten autorizado o proxecto de construción da Rolda Leste, e en todo caso que denegue a autorización para a realización das obras, xa que o proxecto conta cunha avaliación de impacto ambiental totalmente desfasada sen contemplar a nova normativa en materia de augas. Para…