No Día da Terra 2021, seis organizacións ecoloxistas con ampla implantación na cornixa cantábrica unen as súas forzas para emprender, co soporte dunha campaña de doazóns, un fondo xurídico co que impulsar acción legais para evitar a destrución das montañas cantábricas ante a enxurrada de proxectos eólicos a grande escala. As entidades impulsoras do proxecto…
Etiqueta: ADEGA
Autorizar ampliacións ou novas granxas de visón americano en plena pandemia é unha enorme temeridade
ADEGA vén de coñecer que se atopa en fase de exposición pública para a súa avaliación ambiental un proxecto de ampliación da granxa de visón americano situada no Monte Xalo, na localidade coruñesa de Carral, da que é propietaria a empresa Blomvis Spain S.L. Este proxecto propón duplicar a súa capacidade de produción, pasando das…
ADEGA intensifica a vixilancia e denuncia de cortas e repoboacións ilegais ante a nova vaga eucaliptizadora
O anuncio por parte da Xunta de Galicia dunha moratoria ou paralización temporal das novas plantacións de eucaliptos en Galiza, sen que esta vaia acompañada dun instrumento normativo que regule a súa aplicación, sen medidas de sanción e sen o necesario reforzo de recursos económicos e humanos, especialmente do corpo administrativo de vixilancia e control…
As ecoloxistas reclamamos transparencia sobre os proxectos presentados por Medio Ambiente aos fondos europeos
Hai varias semanas a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) anunciou a presentación de 10 proxectos en materia de biodiversidade para optar ao financiamento europeo para a recuperación económica, os chamados fondos “Next Generation” (https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/55475/medio-ambiente-presenta-10-proxectos-materia-biodiversidade-para-optar-maximo?langId=gl_ES). Neste anuncio propóñense de forma moi superficial e sen ningunha concreción unha serie de actuacións que entendemos necesitan…
ADEGA reclama ao Concello de Lugo a recuperación do curso fluvial afectado polo proxecto do paso soterrado baixo a NVI
ADEGA vén de presentar no Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica Miño Sil, alegacións ao proxecto “Prolongación do paso soterrado baixo a N-VI redactado pola empresa Inca Servicios y Proyectos de Ingeniería Civil S.L., e promovido polo Concello de Lugo, incluído dentro da estratexia Da Muralla ao Miño Muramiñae. O proxecto presentado e aprobado,…
Delirio eólico en Trevinca: construir 38 km de autovía e 29 campos de fútbol no teito de Galiza
A actual burbulla eólica está a acadar dimensións delirantes. Entre a enxurrada de parques tramitados pola Xunta hai que engadir unha boa presada doutros que tramita o Estado (os de máis de 50MW). Entre estes figura un novo proxecto, o parque eólico “Alto Cabrera”, promovido por ENEL Green Power, que pretende instalar 29 aeroxeradores de…
O Concello de Lugo tramita un plan urbanístico lesivo co río Rato, preto de onde promove un barrio ecolóxico
Co fin de obter o visto bo do departamento de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, o plan que se está a tramitar presenta o ámbito afectado como unha zona degradada e sen interese, cando a realidade ten un setenta por cento da súa superficie ocupada por formacións naturais de bosques autóctonos e de prados…
Xunta e Estado renuentes a liberar os nosos ríos de encoros caducados
Este 14 de marzo é o Día Internacional de acción polos ríos, anteriormente día de loita contra os encoros. Galiza é un dos territorios europeos con maior presión hidroeléctrica nos seus ríos (ver imaxe, crédito European Rivers Network), mais as administracións galega e española amosan pouco entusiasmo por liberalos. Ducias de encoros curtucircuitan a rede…
Plantación de teixos na Eira da Xoana
O sábado 6 de marzo, a asociación ecoloxista ADEGA e a Fundación Eira, coa colaboración de Bodegas Lodeiros, o LIFE Baccata do IBADER (USC), o CFEA de Lourizán e o Concello de Agolada, realizaron unha plantación de teixos para poñer en valor esta árbore milenaria que está a desaparecer do noso territorio. A repoboación de…
Mesa redonda: Destruír para construír
Numa cidade assistimos ao derrubo de estruturas e construção de outras novas, sem sabermos porque é necessário banir a história e apagar a nossa memoria coletiva. O impacto ambiental de cada nova construção é grande. Começa com a extração de pedras, para seguir com fabricação de cimento, transportes de mercadorias, e gasto de energia. Nestes…
Colectivos ecoloxistas, culturais e veciñais piden a paralización das obras da gasolineira de Ledoño (Culleredo)
O inicio das obras dunha gasolineira cerca do río Valiñas pon en perigo a biodiversidade do río e da Ría do Burgo ao verter continuamente terra na canle que chegará á Ría do Burgo. As verteduras ilegais desta obra, están a provocar alteracións no ecosistema do río e poñen en risco a súa fauna e…
O futuro das electrointensivas na Galiza centra o nº 83 da Revista Cerna
ADEGA presenta o número 83 da Revista Cerna, a publicación sobre ecoloxía e medio ambiente en Galiza. Nesta edición faise un repaso por algunhas das centrais eléctricas máis contaminantes do noso país e as electrointensivas (industrias que representan o 34% do consumo eléctrico total de Galiza) que dependen delas, afondando no caso de Alcoa ante…