Augas de Galiza aproba o transvase temporal por 7 meses das augas de tres regatos contaminados á balsa de Vieiro, dando á mineira de Touro marxe para buscar unha “solución definitiva” ás augas contaminadas. Esta era a proposta que Explotaciones Gallegas S.L., socia de Atalaia Mining no proxecto de Touro, presentou á Xunta para abordar…
Etiqueta: ADEGA
Un novo disparate ecolóxico: facer da central de carbón das Pontes unha nova incineradora
Este mes conclúen as novas probas de queima conxunta de carbón e residuos orgánicos na central de carbón de ENDESA nas Pontes. A plataforma “Galiza, un futuro sen carbón”, que as ve como un intento de perpetuar o gran centro de produción de electricidade sucia das Pontes, reclama transparencia verbo dos seus resultados á empresa e…
Iberdrola quere seguir a espremer os ríos galegos cun novo megaproxecto hidroeléctrico
Iberdrola está a tramitar outro megaproxecto hidroeléctrico de 900 MW usando como “depósitos” os encoros de Cenza e Bao. Máis de 15 km de túneis, unha central en caverna a 600 m baixo o Macizo Central e millóns de m3 de entullo en plena RN2000… O denominado “aproveitamento hidroeléctrico Conso II” pretende conectar os encoros…
Máis de 600 persoas participaron na IX Limpeza simultánea de praias
Durante a pasada fin de semana (16,17 e 19de Outubro), unhas 30 entidades entidades e máis de 600 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar, xunto con ADEGA, a problemática ambiental do lixo mariño na IX Limpeza Simultánea de Praias.Nesta edición volveu a acompañar o bo…
“RÍAS SOSTIBLES” Conciencia ao sector do mar sobre a problemática do lixo mariño
No mes de agosto a Asociación Ecoloxista ADEGA e o “Grupo de acción local do sector pesqueiro Seo Fisterra, Ría de Muros Noia, Costa sostible” embarcámonos nun novo proxecto que conta co apoio técnico da cooperativa Cidadanía. A finalidade do proxecto é concienciar e sensibilizar ao sector marisqueiro e pesqueiro da problemática do lixo mariño,…
A escandalosa permisividade da Xunta con ALCOA agravou a contaminación da Mariña
Na AAI (Autorización Ambiental Integrada) aprobada en xuño deste ano, a Xunta permitíu a ALCOA seguir superando os límites de emisión de contaminantes ao medio no seu complexo de San Cibrao. A razón? Os altos custos que suporía para a empresa cumprir coas leis… ADEGA esíxelle á Xunta que revise de oficio a Autorización…
ADEGA reclama a restitución de Fernando Cobo Gradín ao fronte da EHEC
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) non entende nin atopa xustificación á destitución de Fernando Cobo como director da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (EHEC) por parte do Consello Reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC). ADEGA reclama a restitución do seu cargo e do seu equipo de traballo,…
ALCOA non pode marchar de San Cibrao sen saldar a súa débeda ambiental coa Mariña
A decisión de ALCOA de pechar a planta de San Cibrao sementa serias dúbidas sobre o futuro ambiental da comarca e o destino da balsa de lamas tóxicas. Actualmente a balsa aínda non conta cun proxecto de peche e clausura definitivo, nen cun plano de descontaminación para unha dunha comarca maltratada por anos de permisividade…
ADEGA-Ferrolterra pula polo tren de proximidade no Día Mundial Sen Coches
ADEGA-Ferrolterra anima á cidadanía a que, neste 22 de Setembro, Día Mundial Sen Coches, deixe o coche particular na casa e cambie os seus hábitos no referente á súa mobilidade, favorecendo o uso de sistemas alternativos menos ou nada contaminantes, entre eles o tren, para deste xeito, mitigar o cambio climático e para írmonos preparando…
ADEGA oponse á construción da ponte do Malecón de Monforte, e apoia a elaboración dun rigoroso plan de mobilidade para a cidade
O pasado mércores 2 de setembro, representantes de ADEGA mantiveron reunións ca alcaldía, co resto de representantes políticos de Monforte e finalizando a xornada, con membros da plataforma Salvemos O Malecón. O obxectivo destas reunións era coñecer de primeira man a postura do alcalde, e do resto de integrantes da corporación municipal ante o proxecto…
ADEGA presenta alegacións ante unha concesión mineira sen a avaliación de impacto ambiental en Beariz.
ADEGA vén de presentar, xunto co colectivo Mina no Cando Non, alegacións ante a Xefa do Servizo de Enerxía e Minas e o Xefe da Sección de Avaliación Ambiental como resposta a un novo ataque medioambiental perpetrado pola Xunta, quen quere aprobar o pase de permiso de investigación a permiso de concesión de explotación para…
ADEGA insta a Fiscalía a investigar a ADIF por presunto delito ambiental por tirar dous vagóns de tren ao río Sil
ADEGA vén de instar ao Ministerio Fiscal a que abra a oportuna investigación contra a entidade pública empresarial ADIF por presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente. ADEGA solicita á Fiscalía de Medio Ambiente que determine se existe delito ambiental nos feitos transcorridos o pasado día 2 de agosto, cando aparentemente operarios…