A planta solar fotovoltaica “A Gudiña” de 66 MW e 110 hectáreas de superficie e promovida pola empresa madrileña “Amber Solar Power 29” sitúase a menos de 3 km do niño dunha das únicas 6 parellas de aguia real (Aquila chrysaetos) que temos en Galiza, catalogada como “en perigo de extinción” segundo o Catálogo Galego…
Etiqueta: ADEGA
9 de marzo, Día do Naturalismo galego: Ecoloxistas denunciamos a preparación dun “crime perfecto” fronte ás costas galegas
Comunicado de ADEGA, FEG, G.N. Hábitat, SGO, SGHN e Verdegaia Neste 9 de marzo de 2023 en que se celebra por primeira vez o Día do Naturalismo Galego (conmemorando o natalicio de Frei Martín Sarmiento) ADEGA, FEG, G.N. Hábitat, SGO, SGHN e Verdegaia queren denunciar a preparación dun CRIME PERFECTO FRONTE ÁS COSTAS GALEGASA área…
Centrais de bombeo en Brión: até 150 anos co río Tambre secuestrado
ADEGA vén de achegar a Augas de Galiza as súas consideracións aos proxectos de central reversíbel en caverna con balsa artificial de máis de 300 MW, para bombear e turbinar auga do encoro Barrié de la Maza. Autorizar esta concesión suporía fosilizar o encoro do Tambre xestionado por Naturgy e alongar o curtocircuito do río…
ADEGA traslada á Fiscalía Xeral do Estado a denuncia contra o indulto millonario da Xunta a Greenalia
A Fiscalía de área de Santiago de Compostela vén de notificar a ADEGA o arquivo das dilixencias de investigación penal nº 71/22, relativas á denuncia presentada por esta asociación en novembro de 2022, pola modificación ilegal do plan industrial asociado ao proxecto do parque eólico Campelo de Greenalia. Na denuncia expoñíase polo miúdo o contido…
O Ministerio denega unha megacentral de bombeo de Naturgy na Limia alegada por ADEGA
A Dirección Xeral da Auga, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica, vén de denegar a autorización para a construción central reversíbel Salas-Cunchas despois de 15 anos de trámites.A peticionaria, Naturgy, á que en 2017 se lle concedeu unha DIA favorábel e en 2021 se lle autorizou unha prórroga de 2 anos para construir a central,…
O Goberno de España e a Xunta ameazan a poboación de aguia real en Galicia
A aguia real (Aquila chrysaetos) en Galicia mantén unha pequena poboación, en Perigo de Extinción segundo o Catálogo Galego de Especies Ameazadas, que sobrevive nos lugares menos humanizados da montaña de Ourense e Lugo. Esta especie, da que non más de media ducia de parellas se reproducen cada ano en territorio galego, é unha das máis afectadas…
ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian no ICOMOS (UNESCO) a afectación dunha canteira ao Camiño de Santiago Norte
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) conxuntamente coa Asociación Socio Cultural Mariña Patrimonio vimos de solicitar no Comité Español do ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios da UNESCO) que abra unha investigación e se pronuncie sobre como afecta ao Camiño de Santiago do Norte os labores que a empresa Canteras Santa…
O litoral para a Xunta: chan barato para as industrias e albo de confrontación eleitoralista co Estado
O anteproxecto de Lei do Litoral presentado recentemente pola Xunta responde máis a unha estratexia de confrontación do PP co goberno do Estado que á vontade de xestionar racionalmente e conservar este estatéxico espazo. Sempre que a Xunta, en exercicio das súas competencias, tentou “ordenar” o litoral, con normas como (Plano do Litoral, 2010, Plano Director…
Barra libre para as enerxéticas: o goberno español entrega o 88% do territorio galego á especulación eólica
O Parlamento español vai convalidar o RDL 20/2022 que elimina durante dous anos a necesidade de someter a avaliación ambiental os proxectos de renovábeis. Esta medida excepcional e transitoria (até o 31 de decembro de 2024) consolida unha caste de “estado de excepción ambiental” no que os dereitos de participación pública e a un medio…
A eucaliptización e os parques eólicos ameazan a Ave do Ano 2023
A ‘Sociedad Española de Ornitología’ (SEO/BirdLife), a través dunha votación pública, ven designar a tartaraña cincenta (Circus pygargus) como Ave do Ano 2023 en España. Con esta acción, SEO/BirdLife “pon o foco sobre unha especie que precisa dunha atención especial polo seu mal estado de conservación ou porque simboliza a urxencia de protexer os hábitats que a acollen para…
A Xunta renuncia a ingresar máis de 4 millóns de € por non apoiar a estratexia do lobo
ADEGA considera unha manobra “trumpista” con graves consecuencias para o rural galego, a negativa da Xunta a apoiar a “Estratexia para a conservación e xestión do lobo e a súa convivencia coas actividades do medio rural” presentada polo Ministerio. A súa actitude obstrucionista fixo que se deixaran de ingresar 4,3 milóns de € destinados a…
Os resultados do último censo do lobo non son tan optimistas como anunciou a Xunta
ADEGA cuestiona a satisfacción da Xunta ante o anuncio dos resultados do novo censo das poboacións de lobo en Galiza, parabenizándose a si mesma de ter aumentado en tres grupos máis con respeito ao anterior censo (2015). Dado que se trata dunha especie protexida, incluída na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial…