Unha comisión técnico-xurídica da organización ecoloxista ADEGA desprazarase a Bruxelas a vindeira semana, os días 31 de agosto e 1 de setembro, convidada pola europarlamentaria do BNG, Ana Miranda, co obxecto de presentar ante a Comisión Europea dúas denuncias contra o Estado español e a Xunta por vulneraren o dereito comunitario nos procedementos de autorización de instalacións eólicas…
Etiqueta: ADEGA
Goberno español e Xunta póñense a carón de ALTRI e do lobby eucalipteiro, contra a natureza galega
Logo da xuntanza deste xoves pasado mantida na Moncloa polo presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda, co seu homólogo do Goberno de España Pedro Sánchez, a prensa recolle con grandes titulares a “vía libre” do goberno español á asignación de 700 millóns de euros dos fondos Next Generation ao macroproxecto da multinacional pasteira portuguesa ALTRI en Palas de…
Arranca o Proxecto Fluviatilis
Unha oportunidade para restaurar ríos e adaptarnos ao cambio climático O proxecto “FLUVIATILIS: custodia para la resiliencia” ten como obxectivo principal a conservación e rehabilitación de ecosistemas fluviais, aumentando a súa resiliencia ao cambio climático e a provisión de servizos ecosistémicos mediante a custodia fluvial, unha importante ferramenta para a xestión integrada do territorio. A…
Finalizan con éxito os cursos técnicos de compostaxe impartidos por ADEGA en Ames e Moaña
A Asociación ecoloxista ADEGA realizou durante os meses de maio e xuño a formación denominada “Curso Técnico de Compostaxe Descentralizada” para o emprego dentro do Programa Empleaverde, que rematou os días 7 e 30 de xuño en Ames e Moaña, respectivamente. Esta formación técnica, de balde e dirixida a persoas en situación de desemprego, contou cunha alta participación…
O FDXCC recorre varios complexos eólicos que afectan á pita do monte no Bierzo
O Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica (FDXCC), do que fai parte ADEGA, e a través da Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica, vén de interpoñer recurso de alzada ás aprobacións dos complexos eólicos de Peña del Gato, Valdesamario e La Espina, paralizados durante anos por orde do TSX de Castela e León, que…
A Revista Cerna asómase a unha Galiza de eucaliptos e eólicos
A última edición da Revista CERNA está marcada de novo pola reivindicación social e ecoloxista ante os actuais proxectos de agresión ao noso territorio. A vaga eólica segue a centrar boa parte dos contidos da publicación de medio ambiente e ecoloxía de Galiza, ofrecendo un segundo especial sobre a esta cuestión. Nesta ocasión, dous colectivos afectados ben distantes xeograficamente entre…
O fracaso de SOGAMA coloca a Galiza terceira pola cola en reciclaxe de residuos no Estado
Liderada a xestión de residuos pola Xunta e SOGAMA, Galiza atópase á cola en recollida separada e reciclaxe no Estado, incumprindo actualmente os obxectivos da lexislación para 2020, segundo os datos do MITECO, e sen perspectivas de mellora nin de poder cumprir cos obxectivos para 2025 ou 2030. De forma anacrónica, a maior parte dos investimentos recentes da Xunta destináronse a…
O Proxecto Ríos chega á maioría de idade
O presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), Roi Cuba e as conselleiras de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinaron o convenio para o ano 2022 por vía electrónica. A sinatura da continuidade á cooperación para promover o coñecemento e coidado dos recursos fluviais…
Galiza enche de novo a Praza do Obradoiro para esixir un modelo enerxético alternativo á actual invasión eólica
Na xornada de onte, con motivo do Día do Medio Ambiente, a Coordinadora Eólica Así Non conseguiu encher de novo a Praza do Obradoiro cunha multitudinaria manifestación de persoas e colectivos que reclamaron un modelo enerxético alternativo para Galiza baixo o lema de “Temos Alternativa!. Por unha enerxía xusta e sustentábel. Por unha enerxía por…
Galiza mobilizarase o 5 de xuño por un modelo enerxético xusto, sustentábel, por e para o pobo
Galiza manifestarase o vindeiro 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, baixo o lema “Temos Alternativa!”, por un modelo enerxético xusto e sustentábel e por unha enerxía por e para o pobo. A Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 180 entidades e plataformas ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais de toda Galiza fixo un chamado hoxe, en rolda de…
Día Mundial da Biodiversidade: o ecoloxismo galego propón áreas de exclusión ambiental para evitar o impacto das renovábeis
A proposta da ONU, o 22 de maio celébrase o Día Mundial da Diversidade Biolóxica. Con tal motivo, as entidades ADEGA, SGO, SGHN, Morcegos de Galicia, a Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica, Hábitat, Verdegaia e a FEG vimos de achegar á Xunta e ao Ministerio as nosas propostas para diminuir o impacto das…
ADEGA inaugurou en Ames o Curso de formación en técnico/a de compostaxe en 2022
A inauguración do I Curso Técnico de compostaxe decentralizada da asociación ecoloxista ADEGA durante o 2022, que está a ter lugar desde hoxe no concello coruñés de Ames, destinado a persoas desempregadas para facilitar a súa inserción no mercado laboral relacionado con actividades de economía verde, como é a xestión sustentábel dos residuos urbanos. Acompañando…