ADEGA inaugurou en Ames o Curso de formación en técnico/a de compostaxe en 2022

 A inauguración do I Curso Técnico de compostaxe decentralizada da asociación ecoloxista ADEGA durante o 2022, que está a ter lugar desde hoxe no concello coruñés de Ames, destinado a persoas desempregadas para facilitar a súa inserción no mercado laboral relacionado con actividades de economía verde, como é a xestión sustentábel dos residuos urbanos.

Acompañando o acto de inauguración e aos 20 alumnos e alumnas matriculadas neste curso, estiveron presentes a coordinadora deste proxecto en ADEGA, María Amigo, xunto co resto do persoal formador do curso, o concelleiro de Medio Ambiente de Ames, Manuel Lens, e a técnica ambiental do municipio, Patricia Reboreda.

O curso, que comeza hoxe, 9 de maio e remata o vindeiro 7 de xuño, prevé formar a persoas desempregadas como profesionais nos diferentes procesos e técnicas de compostaxe, no recoñecemento da calidade do compost e nos seus usos e no manexo de composteiros domésticos e comunitarios. Ademais, permitirá ao alumnado optar a unha bolsa de traballo coa que poderán obter un emprego logo de adquirir os coñecementos impartidos neste curso. 

A impartición dos contidos formativos terá lugar na Aula da Natureza de Ames, cedida para tal fin polo concello de Ames. Así mesmo o goberno municipal puxo a disposición do alumnado un autobús para facilitar o seu desprazamento ao centro de ensino, que ten saída ás 8:15 horas desde a Casa de Cultura de Milladoiro, e ás 8:30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.

Esta acción formativa enmárcarse no programa cofinanciado pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa EmpleaVerde, iniciativa para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. 

Este programa tamén está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s