Novo chanzo na carreira “PoPular” pola ilegalidade e a fraude

Temos visto as declaracións da senadora do PP, Pilar Rojo, a raíz da súa presentación no rexistro do Senado dunha pregunta sobre a adscrición á Autoridade Portuaria dos terreos de dominio público marítimo-terrestre que hoxe ocupa ENCE en Lourizán, e o certo é que aínda sabendo que se trata dunha estratexia que o PP está…

Novo vertido na Ría de Pontevedra

O pasado venres 19 tivemos noticia na APDR da presenza dun importante vertido á altura do varadoiro de Os Praceres; achegados ao lugar, e malia as dificultades para poder observar ben as súas características, polo seu aspecto semellaba que estamos diante dun vertido de pintura que, con seguridade, ten a súa orixe nos labores realizados…

(APDR) Sobre as valoracións interesadas de Rafael Domínguez

Temos visto na APDR a valoración que fai Rafael Domínguez, presidente do PP en Pontevedra, ao respecto do Informe sobre as posibilidades de adscribir á Autoridade Portuaria os terreos de dominio público que hoxe ocupa ENCE en Lourizán. Trátase do Informe solicitado polo Presidente Feijóo na procura dun xeito de burlar a Lei de Costas…

Asunto ENCE: que ten mudado trala reunión Feijóo-Ribera?

A entrevista que mantiveron o pasado xoves a Ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, e o Presidente da Xunta, Núñez Feijóo, máis alá das interpretacións interesadas por parte deste último e do triunfalismo transmitido polos medios oficiais do Goberno galego, deixa as cousas practicamente igual que estaban. De acordo coa…

A falsa retirada de CO2 nos montes de ENCE

É frecuente atopar nos xornais informacións subministradas pola empresa, nas que ENCE alardea de propiciar a retirada de dióxido de carbono (CO2 ) nas plantacións de eucaliptos que posúe ou xestiona ou naquelas nas que merca madeira para as súas fábricas. Pero este alarde oculta unha grande falsidade; de facermos un balance realista, comprobaremos clara…

A APDR diríxese ao Presidente do Consello Consultivo de Galicia

Fronte á decisión do Goberno galego de solicitar ao Consello Consultivo de Galicia que emita un Informe sobre a viabilidade de que os terreos gañados ao mar que hoxe ocupa ENCE, pasen a formar parte do solo pertencente á Autoridade Portuaria, a APDR vén de poñerse en contacto co Presidente da amentada Institución para trasladarlle…

Carta aberta a Rafael Domínguez

Sr. Domínguez, Vimos de coñecer as súas últimas declaracións sobre a prórroga de ENCE e, sinceramente, debemos recoñecer que nos teñen sorprendido; non tanto porque recoñeza Vde. que a prórroga concedida polo Presidente Rajoy foi ilegal, senón porque non alcanzamos a entender o porqué dese aparente desmarque dos seus xefes de Partido. Trátase dun intento…

Satisfación na APDR tras a reunión co secretario de Estado Hugo Morán

Membros da “Asociación Pola Defensa da Ría” mantiveron na mañá de hoxe, e con anterioridade á reunión da “mesa de diálogo” polo tema ENCE, unha reunión co Secretario de Estado para aTransición Ecolóxica, Hugo Morán. A amentada reunión, á que asistiu tamén a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, desenvolveuse nun clima de absoluta…

ENCE e Xunta de Galicia apostan pola prevaricación!

Tal como se recolle nos medios de comunicación, na reunión que mantiveron onte mércores os comités de ENCE co Vicepresidente da Xunta Sr. Conde, para tratar de buscar “solucións” que permitan que ENCE poida continuar en Lourizán, puxéronse sobre a mesa algunhas ideas que máis semellan cousa de “trileiros” ou “mafiosos” que de representantes de…

Carta aberta da APDR ao presidente do PP de Pontevedra

Sr. Domínguez: Non deixa de sorprendernos Vde. coas súas declaracións sobre a situación da empresa ENCE; porque non alcanzamos a entender que diga defender a legalidade por riba de todo e esixa, aotempo, a permanencia da empresa en dominio público marítimo-terrestre, unha permanencia expresamente prohibida pola Lei de Costas como se encarga de lembrar a…

Carta aberta da “APDR” aos comités de empresa de ENCE

Despois da vosa lamentábel actuación no pregón das festas da Peregrina, un boicot que -como xa dixemos daquela- sitúavos claramente en contra da cidadanía de Pontevedra, dirémosvos que os vosos intentos por xustificala, resultan absolutamente noxentos, un auténtico insulto á intelixencia e unha nova agresión á cidadanía! Despois dun enfrontamento coas autoridades municipais e coas…