A APDR condea a violencia de ENCE contra o Concello

Estamos asistindo nos últimos días a unha situación de violencia por parte da empresa ENCE que, non por terse producido noutras ocasións, deixa de sorprender. Unha volta máis os traballadores da empresa actúan ao ditado dos seus xefes errando -como en anteriores ocasións na elección dos inimigos. Insisten en responsabilizar dunha situación que semella pode... Seguir lendo →

A APDR envía un escrito ao Secretario de Estado de Medio Ambiente

A “Asociación  Pola  Defensa  da  Ría  de  Pontevedra”  (APDR),  vén  de  enviarlle  ao  Secretario  de Estado do Ministerio de Medio Ambiente, un escrito en relación coas declaracións realizadas polo Presidente de ENCE, Ignacio de Colmenares. Logo dunha introdución na que describimos os feitos recollidos no video (que fixemos chegar ao Secretario  do  Estado),  xunto  coa ... Seguir lendo →

A APDR considera oportuna a actuación da fiscalía contra o “CEO” de ENCE

Dacordo coas informacións recollidas polos distintos medios de comunicación, a Fiscalía de Pontevedra vén de abrir dilixencias de investigación penal contra o Presidente de ENCE, Ignacio de Colmenares, polas declaracións realizadas no decurso dunha videoconferencia dirixida ao persoal da empresa e cuxas imaxes foron filtradas aos medios de comunicación o pasado sábado 27 de febreiro.... Seguir lendo →

Resposta da APDR ao Vicepresidente Rueda

Sr. Rueda, temos lido as súas declaracións sobre a situación creada en Pontevedra logo das inaceptábeis palabras do Sr. de Colmenares, presidente de ENCE, e debemos indicarlle que aínda que non nos sorprenden, déixannos máis preocupadas do que xa estabamos. En primeiro lugar porque non fai Vde. nin o máis mínimo reproche ao Sr. de... Seguir lendo →

Reflexións arredor do “peche ordenado de ENCE”

Asistimos nestas últimas datas a unha nova escenificación da empresa ENCE, que lanza un aviso de “peche ordenado e rápido” se non se modifica ao seu gusto a “Lei de Transición ecolóxica e cambio climático”. Pero, o que moitos puideran interpretar como unha chamada de desesperación, na APDR cremos é algo ben distinto. Trátase dun... Seguir lendo →

A APDR denuncia novos vertidos na ría

Transcorridas apenas 72 horas desde que a Asociación Pola Defensa da Ría dera a voz de alarma pola existencia dun vertido na Ría á altura do paso elevado existente nas inmediacións da fábrica de celulosa, sorpréndenos un novo vertido, nesta ocasión no peirao das Corbaceiras, na zona onde se atopan unhas naves utilizadas por un... Seguir lendo →

Novo vertido de augas fecais no Río pintos

Na mañá do pasado xoves 28 de xaneiro, varias persoas usuarias do “sendeiro do Gafos” puideron observar no río un aparatoso vertido de augas fecais que tiña a súa orixe nun sumidoiro existente na canle. Tal como se pode observar no video que xuntamos, todo indica que o vertido prodúcese a desbordar o sumidoiro pola... Seguir lendo →

A APDR presenta suxestións ao regulamento de xestión de residuos sólidos urbanos do Concello de Pontevedra

“Asociación Pola Defensa da Ría” presentou a pasada semana as súas primeiras suxestións ao Regulamento de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos (RXRSU), un regulamento que propón o Concello pola extinción do contrato coa empresa que viña desenvolvendo este servizo; trátase, fundamentalmente, de consideracións xerais que afectan ao que poderiamos chamar a “filosofía” do Regulamento e... Seguir lendo →

A APDR advirte dos graves prexuízos do novo plan forestal galego

A análise pormenorizada do anovado Plan Forestal Galego, recentemente presentado diante do Consello Forestal de Galicia, permite cualificalo de decepcionante; trátase dun documento pouco fundamentado, que camiña en sentido contrario ás direccións establecidas no marco europeo e estatal no que fai á sostibilidade e que propón unhas liñas de actuación claramente prexudiciais para o sector... Seguir lendo →

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑