Valoración de urxencia da APDR sobre a anulación da prórroga a ENCE

Á espera do fallo da Audiencia Nacional sobre o recurso presentado pola nosa Asociación contra a prórroga concedida a ENCE no ano 2016 (un fallo que en calquera caso será semellante ao que agora valoramos), desde a APDR queremos expresar a nosa inmensa ledicia polo fallo do amentado Tribunal no recurso presentado no seu día…

A APDR considera inadmisíbel o informe presentado onte por ENCE

Recollen os medios de comunicación o resume dun Informe presentado por ENCE para tratar de xustificar a súa permanencia en Lourizán, un Informe que entendemos non é máis que un novo intento de chantaxear á poboación e ás distintas administracións para tratar de conseguir por esta vía algo que a Lei prohibe expresamente, a permanencia…

Marcha contra celulosas: domingo 4 de xullo. Fóra Xa!

Logo dun tempo no que, por prudencia e responsabilidade, mantivemos un nivel de mobilización reducido, chegou o momento de retomar a presión social nas rúas para esixir o que é xa un desexo xeneralizado dunha ampla maioría da poboación da comarca. Baixo o lema “FÓRA DA RÍA XA!”, unha nova MARCHA CONTRA CELULOSAS partirá das…

Lamentáblemente continúan os vertidos ao Lérez

A mediados do pasado mes de abril, desde a APDR denunciabamos un escandaloso vertido de fecais ao río Lérez á altura do mercado municipal, un vertido que non era novo, que viña repetíndose desde algún tempo atrás sen que se tivesen tomado medidas para a súa eliminación. Sabemos que, a raíz da nosa denuncia no…

A paralización dos dragados no canal da ría e a súa xestión

A recente paralización por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica da vertedura dos materiais de dragado procedentes do canal da Ría de Pontevedra é consecuencia, por unha parte da gravidade do impacto ambiental que se leva producindo no entorno da Illa de Sálvora, parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e por outra, da necesidade…

Valoración da APDR ao respecto da mesa sobre o futuro de ENCE

Logo de analizar as declaracións públicas das distintas partes representadas na “mesa de diálogo” celebrada en Madrid para falar sobre o futuro de ENCE na Ría de Pontevedra, na Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) queremos expoñer a nosa valoración ao respecto: 1.- Parécenos inaudita a cantidade de recursos e esforzos consumidos para…

Mercurio en ENCE: A “APDR” considera inadmisíbeis as explicacións da Xunta

O Informe enviado por ENCE á Xunta de Galicia, que deu a coñecer o xornal eldiario.es, confirma a enorme contaminación de mercurio nos solos e augas subterráneas do complexo industrial de Lourizán pero, tamén, a posíbel incidencia desta contaminación nos traballadores de ENCE, na veciñanza, e nas augas da Ría, onde estaría chegando o mercurio…

A APDR denuncia novos vertidos no río Lerez

O sábado 10 de abril, sobre as 9:30 da mañá, puidemos observar diversos vertidos ao longo do río Lérez, algúns deles certamente aparatoso. E aínda que nalgún caso trátase de vertidos que se veñen repetindo sistematicamente desde hai tempo, non deixan de ser preocupantes, non só pola súa incidencia na calidade das augas do río,…

A “APDR” responde á Confederación de Empresarios de Galicia

No contexto da campaña que ENCE, Xunta de Galicia e PP están a desenvolver nos medios de comunicación para tratar de conseguir que ENCE permaneza na Ría saltándose a legalidade, unha campaña orquestrada arredor da falacia de que a Administración do Estado elaborou o proxecto de Lei de Cambio Climático co obxectivo último de sacar…

Carta aberta ao Conselleiro de Economía da Xunta de Galicia

Sr. Conde, Vimos de ler as súas declaracións sobre a mesa de diálogo prevista para analizar o futuro da empresa ENCE e, con sinceridade, non somos quen de saber se as fai Vde. no nome da empresa ou se cre estar representando con elas ao conxunto do pobo galego. Dicirlle, en todo caso, que con…