Cando vai transcorrido máis dun ano desde que rematou o prazo de presentación de alegacións ao proxecto de dragado do río Lérez e Ría de Pontevedra, un procedemento no que a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) ten participado, o futuro desta actuación segue sendo unha incógnita a pesar das continuas declaracións públicas dos responsábeis…
Etiqueta: APDR
Ciclo Conferencias da APDR: “30 anos na defensa no medio
MÉRCORES 21 DE FEBREIRO Fundamentos biolóxicos das alteracións dos transvasamentos nas bacías hidrográficas. FERNANDO COBO, Director do Centro de Hidrobioloxía da USC. Presenta Fernando Malvar, membro da Plataforma para a Defensa do rio Verdugo. Abórdase nesta charla a problemática dos transvasamentos, un tema que cobra actualidade polo pretendido na bacía do río Verdugo, e de…
A APDR denuncia de novo a campaña de lavado de imaxe de ENCE
Dous feitos recentes móvennos a expresar de novo publicamente o noso rexeitamento á campaña de lavado de imaxe que ENCE, empresa responsábel en grande medida da contaminación da ría e da eucaliptización do país, vén desenvolvendo con ánimos renovados nos últimos tempos, unha política que nunca ten abandonado e que basea na compra de vontades…
A APDR presenta achegas ao Borrador do plan Forestal Galego
O borrador da 1ª renovación do Plan Forestal Galego (PFG), ven de ser sometido a un proceso de consultas previas coas administracións e os sectores interesados na xestión forestal. Nesta fase, a Asociación pola defensa da Ría (APDR), ven de colaborar no documento de achegas que a Federación Ecoloxista Galega, membro do Consello Forestal Galego,…
Estrea do documental “Fóra”
A “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra” (APDR), fai un chamamento ao conxunto da sociedade pontevedresa, e moi particularmente aos socios e socias da asociación ecoloxista, para que asistan o próximo VENRES DÍA 2 DE FEBREIRO, ás 21 horas, á estrea no TEATRO PRINCIPAL do documental “FÓRA”, un documental dirixido por Rodrigo Cota e…
O Concello de Ponteareas perde poboación por sétimo ano consecutivo e as previsións do PXOM están, de novo, en dúbida
Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) o Concello de Ponteareas volveu perder poboación no pasado ano, concretamente 70 persoas, o que supón o sétimo ano consecutivo de pérdida de poboación. Esta circunstancia xa fora denunciada no seu momento polo Grupo Ecoloxista ADENCO nas alegacións que presentou en tempo e forma…
Posicionamento da APDR sobre a aprobación da revisión da AAI a ELNOSA
Esta semana, a Consellería de Medio Ambiente da Xunta deu a coñecer a súa decisión de aprobar a revisión da Autorización Ambiental Integrada (AAI) a Elnosa. Unha decisión política, por moito que o goberno do Partido Popular intente facela pasar por meramente técnica, coa cal a Xunta ignora as demandas tanto dunha grande parte da…
Cadea humana contra a continuidade de ELNOSA
Diante da posición do PP a favor da continuidade de ELNOSA na Ría máis alá do 29 de xullo do 2018 (data na que finaliza a sua concesión administrativa), a APDR convoca unha CADEA HUMANA para este SÁBADO 9 DE DECEMBRO ÁS 12:30 HORAS PARTINDO DA PRAZA DA LIBERDADE (detras do edificio de Afundación -antiga…
A APDR organiza un debate sobre o monte galego
Logo da vaga de lumes do pasado mes de outubro, que afectou de maneira particular aos montes das provincias de Ourense e Pontevedra e que se saldou cun lamentábel balanzo final de 4 persoas mortas, multitude de persoas afectadas nas súas propiedades, e unhas 49.000 Has de monte calcinadas, chega o momento de reflexionar; de…
Algo non me cadra
Vénse repetindo ano tras ano,… pero, con todo, non me cadra! Sigo sen atoparlle unha explicación que me satisfaga! De todas as titulacións universitarias que se veñen impartindo no Campus de Pontevedra, é a de “Enxeñería forestal” a que menos prazas oferta e -a pesares diso- ano tras ano non se consegue chegar a cubrilas….
A imposibilidade legal de prórroga á planta de SOLVAY afecta a continuidade de ELNOSA
De acordo coa información recollida polo DIARIO MONTAÑÉS o pasado 26 de setembro, o goberno de Cantabria ten denegado a prórroga solicitada pola cloreira Solvay en Torrelavega para adaptar a empresa á nova tecnoloxía libre de mercurio, unha prórroga que -desde o primeiro momento- o goberno cántabro tiña decidido conceder. Solvay pretendía manter a produción…
Non ao campo de golf de Barredo (Baiona)
A Asociación Pola Defensa da Ría, solidarízase coa loita da veciñanza de Baredo (Baiona) contra a pretensión municipal de expropiar terreos comunais para construír o que sería o maior campo de golf da provincia de Pontevedra (350.000 m2), creando un ambiente “axardinado” artificial que afectaría negativamente aos emblemáticos enclaves naturais de Chan da Lagoa e…