As vagas de incendios asolan de novo todo o país e desde Verdegaia continuamos coas intervencións das Brigadas Deseucaliptizadoras que limpan os montes de especies exóticas e invasoras e recuperan os terrenos con frondosas que axudan a evitar e propagar os lumes e contribúen a loitar contra o cambio climático. Logo do éxito da forza expedicionária…
Etiqueta: VERDEGAIA
Verdegaia esixe ó Concello de Vigo que divulgue onde vai transplantar as árbores arrincadas esta semana en Martínez Garrido
Gran Vía, Ronda de Don Bosco, Castro, Gregorio Espino … atopamos exemplos en todos os barrios da cidade pero a desfeita desta semana en Martínez Garrido exemplifica claramente como o concello trata as árbores: como se foran mobiliario urbano Esta semana descubrimos na rúa Martínez Garrido que o concello ademais de seguir liquidando as árbores…
Verdegaia arranca o Xullo Deseucaliptizador en Froxán (Lousame)
Logo do éxito da força expedicionária á Serra da Estrela, as Brigadas voltan á casa con dúas accións en Froxán (Lousame) programadas para este mes de xullo. A primeira, no domingo 10, abrirá unha nova zona de intervención eliminando eucaliptos ao longo do rego da Abelleira, en parcelas con acordos de custodia do territoria coa Fundación Montescola, nas…
Verdegaia participa na Plataforma en Defensa de Torneiros no Porriño
Veciñanza da parroquia de Torneiros no Porriño organízanse para opoñerse á construción dun Centro de transporte. Un novo polígono de 25 hectáreas promovida pola Zona Franca de Vigo que constará dun aparcadoiro para camións e servizos para os camioneiros (hostal, restaurante, gasolineira…). O centro de transporte previsto conta cunha superficie desproporcionada que implicará a expropiación…
O Proxecto “Vémonos no Monte” combatirá especies invasoras a ambos lados da Raia
Trátase dun proxecto de formación e voluntariado ambiental con entidades galegas e portuguesas, financiado polo programa europeo Erasmus+ A finais deste mes as voluntarias galegas partirán para a Serra da Estrela, mentres que no fin do verán serán as de Portugal as que veñan intervir en terras galegas Este mes estréase na Serra da Estrela…
Verdegaia presenta Alegacións contra novas ilegalidades na mina de San Finx
A empresa Tungsten San Finx SL, propietaria da Mina de San Finx, pretende novamente conseguir autorización para obras e actuacións ilegais. A empresa presenta recurso de alzada frente á resolución que lle obrigan a restituir a legalidade frente a obras realizadas na mina, principalmente a construción de un portón que pecha un camiño propiedade da…
Froxán: Tombamos eucaliptos o 12 de xuño
O domingo 12 de xuño faremos a última das rogas para eliminar os eucaliptos da Área Conservada do Portelo da Devesa, que custodia Montescola en Froxán (Lousame). Con esta intervención acabaremos de eliminar eucaliptos da zona de 6.000 metros cuadrados nas que as Brigadas veñen intervindo desde 2020. A roga comezará ás 09:30 da mañá e teremos como punto de encontro o Chán de…
4 de Xuño: Mondariz-Balneario Brigadista
En Mondariz-Balneario queremos seguir botándonos ao monte. Na roga do sábado 4 de xuño actuaremos sobre unha parcela de titularidade pública moi afectada polas vagas de incendios. No 2018 xa fixéramos unha primeira plantación por sementeira con crianzas e familias da vila. Cos anos toxo, xestas, mimosas, eucaliptos e silveiras invadiron de novo o terreo. Desta volta…
A invasión de especies exóticas e invasoras continúa no río Louro
Durante o roteiro de identificación de especies invasoras que organizamos o Domingo 1 de maio no río Louro constatamos dous aspectos de especial gravidade: a extensión descontrolada de especies como a Reynoutria (Fallopia japonica) e a Orella de gato (Transcantia fluminensis); a nefasta xestión por parte dos servizos de mantemento. Orella de gato Localizamos varios…
21 de Maio, comeza a deseucaliptización en Vila Cova
As Brigadas lánzanse a deseucaliptizar un novo territorio o 21 maio da man da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vila Cova, en Lousame. A roga estará centrada na eliminación de rebrotes de eucalipto nunha zona de varias hectáreas nas que a Comunidade suprimiu os eucaliptos existentes. No inverno, darase continuidade aos traballos cunha plantación…
Verdegaia organiza un roteiro de iniciación á identificación de especies exóticas invasoras o vindeiro Domingo 1 de Maio no Porriño
As Especies exóticas invasoras (EEI) son a segunda principal causa de perda de biodiversidade, xusto despois da destrución de hábitats polo que é importante coñecer como identificalas e como xestionalas. Neste roteiro aprenderemos a identificar algunhas das especies máis perigosas para o ecosistema do río Louro ao seu paso polo Porriño. Nun curto paseo de…
Galiza confirma a agonía do carbón en 2021
O carbón só achegou o 1,9% da electricidade producida na Galiza durante 2021, segundo os datos de Rede Eléctrica de España (REE). A xeración eléctrica con carbón descendeu un 65,8% con respecto a 2020, acentuándose o seu declive (1). Nin sequera durante os meses con prezos do gas fósil máis elevados o carbón tivo un…