A “APDR” solicita a consideración de parte interesada no expediente de caducidade aberto a ENCE

51aa4b722062f-img_8973-001A ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA de Pontevedra (APDR) vén de solicitar do Servizo Provincial de Costas en Pontevedra a consideración de “parte interesada” no expediente de caducidade da concesión aberto a ENCE a raíz do recurso presentado no seu día por esta causa por Salvemos Pontevedra, colectivo que –xunto cos Concellos de Pontevedra, Marín e Poio e a Xunta de Galicia- figura como parte interesada no citado expediente.

Para a APDR, que vén desenvolvendo o seu labor pola defensa dos valores naturais, ambientais económicos e paisaxísticos da Ría e pola súa recuperación desde hai máis de 27 anos e que ten solicitado en multitude de ocasións ao Ministerio de Medio Ambiente que fixe definitivamente a data do fin da actividade de ENCE no 2018, resulta especialmente significativo que desde o “Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente” se teña considerado necesario ampliar as causas de caducidade da concesión de Ence en Lourizán aos incumprimentos en materia de danos ambientais e á saúde das persoas e pola situación das balsas de decantación agora supostamente en desuso, aspectos todos eles obxecto das nosas múltiples denuncias públicas e xudiciais. En efecto, para a APDR, ENCE incumpre a lexislación en materia de vertidos e emisións atmosféricas e provoca a mortaldade do marisco e a pesca e segue producindo cheiros nauseabundos, fumes e gases tóxicos que atentan contra a saúde e a calidade de vida das persoas, circunstancias todas elas que deberan impedir calquera prórroga da súa actividade en Lourizán e o fin da concesión por entrar en contradición coas esixencias sinaladas na mesma.

Entende a APDR que, tal e como recollen os seus estatutos fundacionais e avalía a súa práctica ao longo dos seus anos de vida, a Asociación debe ter a consideración de parte interesada neste proceso, o que lle abriría as portas a examinar o expediente correspondente e a presentar as alegacións que considere pertinente, razón que lle move a solicitar diante do Servizo Provincial de Costas na nosa localidade a citada consideración.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s