Propietarios/as e ecoloxistas esiximos un auténtico proceso participativo para a aprobación do PRUX das Fragas do Eume

Microsoft Word - 2011-06-01 DOCUMENTO AMBIENTAL VERSION JUNIO.doAnte o anuncio da Xunta de Galicia do inicio da tramitación do Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) do Parque Natural Fragas do Eume, as asociacións de propietarios/as e as asociacións ecoloxistas representadas na Xunta Consultiva do Parque, esiximos un auténtico proceso participativo no que se teñan en conta as nosas propostas e se respeten os prazos de tempo necesarios para acadar un documento final útil e consensuado. Así mesmo, convidamos aos socios/as destes colectivos a achegarse á reunión ordinaria da Xunta Consultiva do Parque o vindeiro 22 de xaneiro ás 11 hs. no centro de recepción de visitantes de Ombre-Pontedeume para que exerzan o seu dereito á información ambiental.

Os colectivos asinantes non entendemos as présas actuais da Xunta de Galicia, impoñéndonos un PRUX, xa que dende a declaración do Parque Natural en 1997 vimos asistindo de forma recorrente ao abandono dos diferentes borradores do PRUX elaborados pola propia Xunta de Galicia, dilapidando así os cartos públicos; a activación e paralización do funcionamento da Xunta Consultiva do Parque, sendo isto denunciado ante o Valedor do Pobo; e a falta da vontade negociadora por parte dos diferentes responsables da Administración que permita chegar a acordos que faciliten a conservación e boa xestión do espazo natural.

Durante o pasado mes de novembro as asociacións de propietarios/as e as asociacións ecoloxistas fomos convocadas por separado a unha única rolda de xuntanzas informativas coa Delegada Territorial da Xunta en Coruña, Belén do Campo, e coa Directora Xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado. Nestas reunións as representantes da Administración non proporcionaron información concreta sobre o contido do futuro PRUX; amosaron unha total falta de vontade negociadora e estas reunións só serviron para que o goberno autonómico e os alcaldes fixesen un lavado de imaxe ante a opinión pública polo seu desleixo continuado hacia o Parque.

Nos pasados días tamén se nos fixo chegar por parte da Xunta de Galicia a convocatoria ordinaria da reunión da Xunta Consultiva do Parque que terá lugar o vindeiro 22 de xaneiro ás 11:00 hs. no centro de recepción de visitantes de Ombre-Pontedeume, na que se inclúe como punto da orde do día a presentación do documento preliminar do PRUX e negan a asistencia a todas aquelas persoas que non sexan vogais na Xunta Consultiva. Temémonos que de novo esta reunión vai ser utilizada pola Xunta de Galicia como un simple formalismo, sen un diálogo real entre as partes e tentando silenciar as nosas reivindicacións, xa que as diferentes administracións acaparan a maioría de representantes neste órgano.

Ademais, anuncióusenos que nesta reunión vaise facer entrega finalmente da información sobre a planimetría do Parque solicitada polos/as propietarios/as en 2011, tras asinar estes un acordo cos alcaldes que permitise aclarar con isto os posibles usos e limitacións establecidos en cada zona, como punto de partida necesario na tramitación do PRUX. Se a Xunta de Galicia necesita catro anos para facer entrega dunha simple información que deberían ter dende o primeiro día, non se entende que nós contemos con tan curto espazo de tempo para valorar un documento do calado do PRUX e facer as achegas pertinentes.

A escaseza de tempo e as présas só teñen sentido se a Xunta de Galicia decidiu por anticipado non atender as nosas reivindicacións e impoñernos un PRUX que consideramos insuficiente, xenérico e que non atende á problemática ambiental do Parque Natural e ás necesidades dos/as propietarios/as.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s