Nunca Máis: solidariedade con Canarias polas verteduras do Oleg Naydenov

olegA historia repítese: a falla de previsión e/ou incompetencia na xestión doutro accidente marítimo pon en risco o ambiente e os recursos mariños. Tentar desfacerse do barco mandándoo “ao quinto pino” pode facer que 1500 de fuel acaben regando Canarias.

O caso do pesqueiro ruso (incurso por certo nunha investigación da CE por pesca ilegal) accidentado en Canarias que ardeu e acabou afundíndose 15 millas ao sur de Maspalomas (Gran Canaria), ten evidentes semellanzas co Prestige.

.

A decisión de evacuar o barco ardendo dende o porto das Palmas en dirección África, con marcha atrás incluída, até o seu afundimento fronte á illa, maximiza o risco de que as verteduras de fuel, que xa se están a producir, acaben afectando a unha importante zona protexida e con abundantes recursos mariños.

É evidente que os protocolos ou fallaron ou non existían, e que a consigna nun primeiro momento foi a de alonxar o barco como fóra e aproalo a África: non vos resulta isto familiar?

Solidariedade e petición de responsabilidades

ADEGA solidarízase coa poboación canaria e os sectores afectados polas eventuais verteduras das 1500 toneladas de fuel que o barco, afundido a 2400m de profundidate, ten nos seus tanques.

Esiximos tamén que todo este combustíbel sexa extraído para que non pendure unha espada de Damocles ambiental sobre o medio e os recursos das illas.

E como non, tal como fixemos cando o Prestige, esiximos responsabilidades políticas aos que tomaron, outra volta, a desafortunada decisión de alonxar o barco e que convertíu un accidente marítimo nunha potencial catástrofe ecolóxica.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s