ADENCO amosa a súa preocupación polos impactos ecolóxicos da Vespa velutina no Condado

vespa-velutina--644x362O Grupo Ecoloxista ADENCO quere amosar a súa preocupación polos efectos ecolóxicos que pode ter a expansión da Vespa velutina polos concellos do Condado. Esta especie de avespa, alóctona e invasora, causa importantes estragos nas poboacións de abellas, insectos tan importantes para a polinización e o mantemento da biodiversidade e xa está a afectar aos abelleiros do Condado.

A expansión da Vespa velutina na Comarca está a ser moi importante. Desde que chegou de Asia a Francia foi abarcando máis territorio ata chegar finalmente a Galicia e ás terras do Condado. Segundo os datos da Consellería do Medio Rural e do Mar se teñen localizado en 2015 niños desta vespa en todos os concellos da Comarca, agás Mondariz Balneario, destacando o caso de Salvaterra onde xa van recollidos neste ano máis de 25 niños de Vespa velutina.

ADENCO lémbralle ás autoridades competentes a necesidade de cumprir o protocolo de vixilancia e control desta especie invasora así como a necesidade de realizar tarefas formativas para as persoas que retiren os niños da vespa.

A Vespa crabro está a sufrir a destrución de niños e de exemplares

Desde ADENCO se considera necesario alertar de que a Vespa crabro, especie autóctona, está a sufrir a destrución de niños e de exemplares pola súa confusión coa Vespa velutina. Efectivamente, tal e como xa teñen indicado diferentes asociacións ecoloxistas e de apicultores o avispón galego está a ser atacado ao confundilo coa vespa alóctona. O Grupo Ecoloxista considera, nese senso, preciso a realización, por parte das Administracións públicas competentes, dunha campaña informativa no Condado para facilitar a información sobre a identificación da Vespa velutina e conseguir evitar a confusión entre as dúas vespas, a invasora e a autóctona. A afección que está a padecer a Vespa crabro pode mesmo favorecer a expansión da Vespa velutina xa que son especies que poden competir a nivel territorial.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s