ADENCO organiza as 26 Xeiras Micolóxicas do Condado

4566H1-001O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de pechar o programa de actividades micolóxicas para este Outono, englobados nas Xeiras Micolóxicas e que se desenvolverán en diferentes Concellos da Comarca.

Descubrir o mundo dos cogomelos, a rica biodiversidade dos nosos montes, a importancia de todas as especies que aparecen durante esta época e recordar a relevancia da súa conservación son obxectivos que buscan os ecoloxistas do Condado coa realización destas actividades, actos que se organizan desde hai 26 anos ininterrumpidamente.

Mondariz Balneario

Será, como hai máis dun cuarto de século, o último fin de semana de outubro, cando comecen as actividades das Xeiras. Así, o venres 23, ás 20:30h, terá lugar no auditorio do concello unha charla sobre o mundo dos boletais, a cargo da investigadora Puri Lorenzo, que fai parte do Grupo Micolóxico Galego e do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo.
O sábado 24, ás 10:30h, será o momento de saír ao monte a identificar as diferentes especies que se atopen, introducir aos asistentes no mundo da micoloxía e gozar dun paseo de outono.

Pola tarde, ás 19:00h, na biblioteca do Concello, organizarase un obradoiro de identificación de cogomelos, cos exemplares que se recollan durante a mañá e que farán parte da exposición que abrirá o domingo ás 11:00h nos soportais do Concello.

As actividades son de participación libre e gratuíta, sen necesidade de apuntarse previamente.

Ademais, o venres, antes da conferencia inaugural, entregaranse os premios do concurso de fotografía que Adenco organizou nas últimas semanas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s