APDR solicita a prohibición da plantación do “Eucaliptus nitens” na Galiza

IMG_1254Dende fai xa tempo, tense comprobado a expansión en plantacións dunha especie do xénero Eucaliptus (E. nitens), especie que antes se mantiña en proporcións casi residuais dado o menor prezo ao que cotizaba a súa madeira. A perigosidade como invasora desta especie é similar á de E. glóbulus, a maioritaria, case exclusiva, nas plantacións galegas, agás polo feito de que soporta temperaturas máis baixas que o E. globulus o que engade a ameaza de poder expandirse por áreas de maior altitude polo de agora libres de invasións de eucaliptos. A empresa ENCE ten apostado recentemente por E. nitens polo feito de ser máis resistente ao insecto defoliador Gonipterus platensis e ao fungo parásito das plantas xuvenís Mycosphaerella e ademáis por que abre novas expectativas de cultivo en áreas de montaña donde o de E. globulus resulta imposible.

Recentemente, unha sentenza da Audiencia Nacional fallaba desestimando un recurso de ENCE contra a prohibición de plantar Eucaliptus nitens nunha concesión de terreo de dominio público marítimo-terrestre outorgada á empresa en Navia. A prohibición quedaba establecida por Resolución do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de 16 de abril de 2014, pola que se outorgaba a concesión de ocupación de dominio público marítimo-terrestre, ao incluír dentro do “Pliego de Condiciones Particulares y Prescripciones” expresamente que: “Garantizaráse durante o período de vixencia da concesión que quedará excluída a plantación Eucalyptus nitens dentro da superficie de dominio público outorgada en concesión”

Os fundamentos da sentenza, aparte de na xurisprudencia existente, establécense nos informes elaborados tanto polo Servizo de Espazos e Especies Protexidas do Goberno do Principado de Asturias, de 28 de febreiro de 2012 que sinala que ” Destas especies (de eucalipto), E. nitens, debido a súa capacidade de proliferar en condicións térmicas estritas, é máis que probablemente unha especie que presentará unha capacidade invasora que poda resultar prexudicial para o medio natural”, e no informe no mesmo sentido do Comité Científico previsto no R.D. 139/2011, para o desenvolvemento do Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial e do Catálogo Español de Especies Ameazadas que sinala: “Constatada pola evidencia científica dispoñible, a naturalización da especie exótica Eucalyptus nitens no noso territorio, dadas as características biolóxicas e fisiolóxicas similares a outras especies de Eucaliptos en relación coa súa capacidade invasora, e en particular á maior resistencia ao frío de E. nitens, concluímos que E. nitens é unha especie exótica naturalizada e en expansión, con alto risco de invasión e moi perigosa para o mantemento da biodiversidade e a funcionalidade dos ecosistemas” concluíndo que ” O Comité Científico recomenda en relación á consulta (realizada polo Ministerio) non permitir a plantación de E. nitens (…) por considerala especie exótica naturalizada, moi perigosa polo seu carácter invasor e pola súa potencial capacidade para transformar o medio e bloquear o ecosistema”.

Contrastado o perigo que supón para o territorio esta especie e tendo en conta que é a obriga das administracións responsables da xestión do medio ambiente a axeitada protección e conservación do mesmo, resulta claro que procede a prohibición da plantación da mesma e o control e erradicación nas plantacións xa realizadas. A Asociación Pola Defensa da Ría que ven amosando a súa preocupación polos danos ambientais que están a provocar as plantacións de eucalipto en xeral, ven de solicitar á Consellería do Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas e ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a prohibición expresa da plantación de E. nitens en Galicia así como a realización dun censo das plantacións existentes desta especie de cara á elaboración dun plan de erradicación que evite os problemas derivados da expansión da mesma. Resulta destacable a urxencia destas medidas de cara non so a evitar estes problemas senón tamén os problemas económicos e sociais que pode provocar o cultivo dunha especie que so resulta útil para a transformación en pasta de papel o que deixa aos posibles produtores nas mans do monopolio do comercio da madeira de eucalipto que detenta ENCE.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s