ADEGA e a UDC continúan a ambientalizar os campus da Coruña

Pan1ADEGA e a UDC, através OMA (Oficina de Medio Ambiente) veñen anovar o acordo de colaboración parao o curso 2015-1016 que nclúe actividades para ambientalizar os campus da Zapateira, Elviña e Oza.

O persoal bolseiro da OMA é un grupo multidisciplinar con representantes de Arquitectura, Aparelladores, Enxeñería de camiños, Química, Bioloxía e Terapia ocupacional.

Xa estamos a desenvolver distintas actividades, algunhas delas serán continuas durante todo o curso, como a implantación de campañas de aforro de enerxía, papel e auga nas facultades, e de recollida selectiva e compostaxe dos residuos das cafeterías do campus.

Tamén se teñen previstas distintas actividades puntuais, abertas ao público para participación como voluntariado, entre elas a restauración e mantemento do Monte da Fraga, seguimento da biodiversidade na Charca construída no curso 2013-14, eliminación de especies exóticas invasoras, e obradoiros variados, entre eles aprenderemos a facer caixas niño, fornos solares, poda de árbores, plantas aromáticas.

Para comezar, o vindeiro 10 de novembro farase un roteiro guiado polo Monte da Fraga, e o 4 de novembro faremos a inspección do Proxecto Ríos no río Lagar. Aínda hai prazas dispoñibles!

Estade atentas ás actualizacións para a participación en vindeiras actividades. Atoparedes máis información no blog da OMA (http://medioambienteudc.blogspot.com.es) e no seu Facebook (Oficina de Medio Ambiente UDC).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s