PP, PSOE e Ciudadanos urxen gastar 1221 millóns de € nunha autovía inútil que estragará a Ribeira Sacra

Ribeira-Sacra-LoiroA resolución aprobada nas Cortes por estes tres partidos insta ao governo a acelerar a construción da A-76, unha obra innecesaria e carísima que deixa tocados os valores naturais e culturais da Ribeira Sacra.

Formacións xeolóxicas (karsts calcarios) moi escasas en Galiza, hábitats prioritarios, a metade das especies de plantas presentes no país, incluidos dous endemismos exclusivos galegos e outros 9 ibéricos, máis de 140 especies protexidas e un enorme patrimonio cultural e inmaterial (Ribeira Sacra), van ser sacrificados pola construción da autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada.

Unha infraestrutura innecesaria e impactante

Como xa demostrou ADEGA nos trámites de información pública do proxecto, a obra carece de xalquera base técnica, particularmente no referido á densidade do tráfico que xustifique a súa construción.

Os propios datos oficiais (mapas de tráfico do Ministerio de Fomento) amosan que ningún dos treitos do trazado entre Ourense e Ponferrada acada o tráfico mínimo necesario para proxectar un desdobramento de calzada. A cantidade de tráfico recomendada pola UE para realizar un desdobramento de estrada de 2 a 4 carrís é de 10.000 a 15.000 vehículos diarios (IMD), sendo a media total para o percorrido Ponferrada-Ourense de 4580, e con tendencia á baixa…

Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade? Así non!

A declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO concita o apoio case unánime de institucións, entidades sociais, colectivos ecoloxistas, cidadanía… Mais para acadar esta distinción, cómpre ter claro que os proxectos que poidan danar o Patrimonio Cultural, a Paisaxe e máis ao Patrimonio Natural son incompatíbeis coa concesión da declaración e poden ser causa da retirada desta caso de ser concedida.

Neste senso, a UNESCO é taxativa: “Os materiais físicos do ben e/ou as súas características significativas deben encontrarse en bo estado e o impacto dos procesos de deterioro debe estar controlado” (Directriz 89). Polo que atinxe aos valores naturais, para a UNESCO “os procesos biofísicos e as características da terra deberán estar relativamente intactos”, e as actividades que no espazo se desenvolvan deben “estaren en harmonía co Valor Universal Excepcional da área e seren sustentábels dende o punto de vista ecolóxico” (Directriz 90).

Como se vai xustificar perante a UNESCO a innecesaria agresión aos valores naturais e culturais da Ribeira Sacra que supón esta obra?

Eleitoralismo e/ou corrupción, únicas xustificacións plausíbeis para a A-76

Cal é pois a verdadeira razón que leva a PP, PSOE e Ciudadanos a apoiar unanimenente a desfeita ambiental e o desbaldimento de 1221 millóns de € na A-76?
Se temos en conta que as obras públicas, nas que a política de sobrecustes é norma, contribúen a trasvasar a unhas poucas construtoras inxentes cantidades de cartos públicos (e de paso ás “caixas B” dalgúns partidos), semella claro que en ausencia de razóns técnicas, son os intereses eleitorais/económicos os que suscitaron este “inusual” consenso.

Os valedores desta iniciativa, PP, PSOE e Ciudadanos, deberían de expoñer á cidadanía, ademáis xustificar o gasto de 1221 millóns de € na construción da A-76 e de máis de 3 millóns de €/ano no seu mantemento, que recurtes nos servizos públicos (educación, sanidade, pensións…) van ter que acometer para financiar esta obra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s