Este domingo 24 de abril, no marco da xornada estatal “Axuda a conservar un espazo en custodia”, voluntarios/as de ADEGA realizamos o mantemento dos pozos de Castieixas, unha serie de canles e pozas de rega no concello de Montederramo.
A actividade enmárcase dentro da campaña estatal “Tecendo redes”, parte do proxecto “Tecendo redes para a custodia do territorio en España”, unha iniciativa da Xarxa de custodia del territori, e a obra social “La Caixa”.
A finca na que intervimos, de propiedade particular, foi obxecto dun convenio de custodia en 2008. Inclúe prados “de dente e sega”, unha carballeira, así coma un conxunto de pozos y canles de rega. Desta volta, traballamos no mantemento dos regos e na reparación das charcas construidas, para recuperar o nível de auga e garantir un hábitat axeitado para os anfibios, de cara á vindeira época de reprodución.
Asemade, fixemos tamén inventario da fauna e flora presentes malia á que a primavera demórase nestas altas paraxes do Macizo Central ourensá.
Na sesión de tarde desprazámonos a diversas charcas artificiais da Limia alta (unha explotación de arxila en Maceda) e da Limia baixa (explotacións de area na chaira da Antela, preto de Xinzo) nas que puidemos observar como a natureza vaise recuperando nestes espazos, que malia ás industira extractivas en funcionamento acubillan xa unha importante biodiversidade de aves, anfibios e odonatos, principalmente.
Tedes o álbum de fotos da xornada na seguinte LIGAZÓN