A APDR solicita unha entrevista á Presidenta da Deputación

tg_carrusel_centralA Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) vén de solicitar á Presidenta da Deputación unha entrevista para intercambiar opinións acerca do Pazo de Lourizán e da operación que a empresa ENCE pretende desenvolver no mesmo no marco do mal chamado pacto ambiental asinado coa Xunta de Galicia.

Para a APDR, a pretensión de ENCE de instalar un suposto centro de I+D forestal no Pazo de Montero RÍos, un inmóbel de titularidade pública que depende da Deputación,  resulta preocupante e inaceptábel; non se pode permitir que ENCE, unha empresa que foi condenada por delito ecolóxico continuado, que é responsábel da degradación ambiental da nosa Ría e dos montes galegos, da desaparición do maior dos bancos marisqueiros da Ría e das únicas praias urbanas de Pontevedra; unha empresa que é responsábel tamén, en moi boa medida, da destrución de emprego na nosa comarca, pretenda beneficiarse a costa do erario público dun edificio como o Pazo de Lourizán, como resulta preocupante e inadmisíbel que desde a Xunta de Galicia se apoie abertamente esta operación.

Conscientes do papel que pode xogar o goberno provincial na defensa do público fronte aos plans de ENCE e da sensibilidade ambiental manifestada en moitas ocasións desde o ente provincial, na APDR consideramos enormemente importante poder manter unha reunión co goberno da Deputación e poñer sobre a mesa a situación das instalacións do Pazo de Montero Ríos, hoxe nun estado lamentábel pero cunhas posibilidades futuras que non se poden ver truncadas polas pretensións da empresa ENCE e a Xunta de Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s