Achéganse as Xeiras Micolóxicas de ADENCO en Mondariz

As Xeiras Micolóxicas de ADENCO, referente micolóxico na Comarca do Condado xa que levan organizándose desde hai 27 anos de xeito ininterrumpido, continúan desenvolvendo as súas actividades nesta edición de 2016. Se fai dúas semanas as Xeiras estiveron en Mondariz-Balneario, nesta fin de semana será o Concello de Mondariz o que se convirta no centro da micoloxía no Condado.

Descubrir o mundo dos cogomelos, a rica biodiversidade existente nos nosos montes, a importancia de todas as especies que aparecen durante esta época e recordar a relevancia da súa conservación son obxectivos que buscan os ecoloxistas do Condado coa realización destas actividades nos concellos do Condado.

Xeiras Micolóxicas en Mondariz

Este fin de semana as Xeiras trasládanse ate o Concello de Mondariz. Así, o sábado día 12 ás 10:00 horas comezarán as actividades cun roteiro micolóxico que consistirá nunha saída guiada na que os voluntarios do colectivo ecoloxista facilitarán ao público nocións básicas sobre micoloxía en xeral e como identificar algunhas das familias e especies máis abondosas. O punto de encontro desta saída, na que tamén se recollerán exemplares para a exposición do domingo, é a casa do concello de Mondariz.

Xa pola tarde, ás 20:00 horas, terá lugar na praza de abastos a charla “introdución á micoloxía” a cargo de Anxo F. Saborido presidente do Grupo Ecoloxista ADENCO, na que se poderá achegar ao público interesado ao mundo dos cogomelos, aprendendo das súas funcións nos ecosistemas e de aspectos básicos á hora de introducirse na micoloxía.

O domingo pola mañá, o día 13, entre ás 11:00h e ás 14:00h, na praza de abastos de Mondariz, terá lugar unha exposición divulgativa cos exemplares recollidos e identificados durante o sábado, coa presenza de integrantes do Grupo Ecoloxista Adenco para dar as explicacións oportunas.

As actividades micolóxicas son de participación libre e gratuíta, sen necesidade de apuntarse previamente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s