Solución para unha planta de biomasa ilegal? Mudar a lei e o nome da empresa

En outubro pasado “Renova Generación de Energías Renovables S.L”. pretendía construir en Curtis unha planta de xeración eléctrica a partir da biomasa de 50MW, cando por lei o límite era 10MW. Daquela o Decreto 149/2008 aprobado na etapa do bipartito, establecía un límite máximo de 10MW por instalación (80MW totais en Galiza). O proxecto sobardaba portanto o máximo legalmente permitido, malia ao cal a Xunta comezou a tramitalo.

2 meses despois da denuncia de ADEGA o PP derrogou a norma através da “Lei de acompañamento”, liberalizando a potencia e o número de plantas de biomasa, que xa pode ser ilimitado.

.
Agora, un proxecto similar coas mesmas características (50MW), ubicación (Curtis-Teixeiro) e promotores que o de “Renova Generación” retorna da man de “Greenalia S.L.”

,
Trátase dun clarísimo exemplo de como unha administración lexisla a favor dos intereses empresariais, outra volta o “lobby” pasteiro-enerxético. Se unha instalación non é legal, pois múdase a norma e arranxado!

O “efecto chamada” da liberalización da biomasa: máis eucaliptos!

As razóns polas que o Decreto 149/2008 derrogado establecía un tope de potencia para as plantas de biomasa forestal, estaban relacionadas coa dispoñibilidade de materia prima para queimar e coa sustentabilidade do proceso. Queimar biomasa en pequenas plantas debía ser un complemento á explotación do monte, e non un fin en si mesmo para non provocar un “efecto chamada”.

Agora nada impedirá á patronal pasteiro-enerxética, coa impagábel cooperación necesaria da Xunta, promover plantas de 50 (xa hai 2 en tramitación), 100, 200 MW que precisarán inxentes cantidades de madeira para queimar.
Só as dúas plantas de 50MW en tramitación (a de Greenalia e outra de ENCE) requerirán queimar cada ano máis de 1,2 millóns de toneladas de madeira (entre 20 e 25.000 hectáreas). E este combustíbel salirá dos cultivos enerxéticos, co Eucaliptus nitens como especie estrela.

Estes primeiros proxectos son consecuencia dunha política de montes suicida que a Xunta non dubida en executar para regocixo do negocio pasteiro-enerxético. A utopía de ENCE está moi próxima a se consumar: ter a medio país producindo eucalipto para pasta e o outro medio madeira para queimar. Un deserto verde, un ermo ecolóxico e demográfico rexido polos intereses da pasteira, e coa Xunta como gardacancelas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s