O vindeiro sábado 3 de xuño vanse celebrar en Pontevedra varios actos promovidos pola APDR, nos que a FEG estará presente e ós que vos convidamos a participar:
-Pola mañá: PLANTACIÓN SIMBÓLICA DE EUCALIPTOS, ás 12h na Praza da Ferrería. No marco do día Internacional do Medio Ambiente a APDR, ADEGA, a Federación Ecoloxista Galega e Cousa de Raices, coorganizan unha plantación de eucaliptos na Praza da Ferrería denunciando a eucaliptización de Galiza.
-Pola tarde: MARCHA CONTRA CELULOSAS, con saída ás 19:30 das Alamedas de Pontevedra e Marín, co lema “HOXE ELNOSA, MAÑÁ CELULOSAS”.