ADEGA declarada de Utilidade Pública: xa podedes desgravar as vosas cuotas sociais no IRPF!

Despois de 5 anos de trámites, finalmente a Xunta vén de declarar a ADEGA asociación de utilidade pública. Este feito reportará vantaxes non só para a nosa entidade (acceso a liñas de axuda e financiamento exclusivas, xustiza gratuita -nalgúns casos-, entre outras) senón tamén para todos os socios e socias, que poderán desgravar unha parte importante das súas coutas na declaración do IRPF correspondente a 2017 (a presentar en 2018). Asemade, as persoas xurídicas que fagan doazóns terán tamén importantes desgravacións fiscais.

Como afecta isto a unha socia ou socio coa súa cuota ou a unha persoa física que faga unha doazón?

.

  • Poderás desgravar o 75% do aportado se a cantidade é inferior a 150€.
  • As cantidades que excedan os 150€ desgravan o 30%.
  • As doazóns ou achegas recorrentes á mesma entidade (máis de 3 anos seguidos) desgravan o 35% (o que exceda dos 150€).
  • O límite para o conxunto das deduccións é do 10% da base liquidábel.

Deste xeito, coa cuota social anual (ordinaria) de 48€, desgravades 36€ no IRPF; e coa cuota superior de 78€, desgravariades 58,5€.

Para unha persoa xurídica:

  • En xeral, desgravan o 35% sen límite de cantidade.
  • As doazóns recorrentes á mesma entidade durante máis de 3 anos, desgravan o 40%.
  • O límite para o conxunto das deduccións é do 10% da base liquidábel.
  • Para aceitar unha doazón procedente dunha persoa xurídica, a Xunta Directiva ten que autorizalo previamente para garantir a transparencia e a ética da operación.

Lembrade que estas condicións aplícanse na declaración correspondente ao exercicio a partir do cal fíxose efectiva a declaración de utilidade pública, isto é o 2017. Xa que logo, poderedes reclamalas na campaña da renda do ano que vén.

Finalmente, e por acordo da Comisión Permanente pedímosvos que aquelas persoas que pagades a cuota normal de 48€, e que por tanto estades empregadas e tedes que presentar anualmente a declaración da renda, consideredes de xeito totalmente voluntario adoptar a cuota superior (78€ ao ano). Deste xeito corresponderiavos unha desgravación de 58,5€ no voso IRPF, co que o esforzo económico efectivo que estariades facendo sería de apenas 20€ ao ano. Poñédevos en contacto coa nosa compañeira de administración (981570099; silvia@adega.gal) para xestionar a actualización deste ano e a nova cuota para o seguintes.

Non esquezades o máis importante: co voso esforzo estades contribuindo afortalar a independencia económica de ADEGA, imprescindíbel para continuar sendo a referenza na defensa do ambiente galego por outros 40 anos!

Parabéns e moitas grazas por seguires facendo parte de ADEGA!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s