Xornada “A paisaxe agraria galega e a biodiversidade”

O vindeiro luns 5 de xuño achégate connosco á  xornada de relatorios sobre “A paisaxe agraria galega e a biodiversidade“, que vimos de organizar con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. Nela prográmanse interesantes conferencias, así como a presentación pública da recentemente editada “Guía para a conservación da biodiversidade agraria de Galicia“, que contou coa colaboración do G.N.Hábitat e outras entidades.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar en horario de mañá de 10 a 13:30h no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo -CIAM- (ver localización no mapa). Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

A xornada está especialmente dirixida a:

  • Traballadores, técnicos, profesionais e estudosos nos eidos agropecuario e ambiental.
  • Técnicos e representantes das administracións públicas.
  • Público interesado.

As prazas son limitadas. En calquera caso, seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Anímate e ven connosco!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s