A Xunta autorizou granxas de visón en contra dunha sentenza do Tribunal Supremo

4 das 26 granxas de visón actualmente en funcionamento en Galiza poden ser ilegais, ao telas a Xunta autorizado despois de marzo de 2016. Nesta data o Supremo prohibíu novas instalacións e ampliacións en todo o territorio do Estado.

A propia Xunta achegou información en resposta a unha reclamación de ADEGA dando conta do estado das granxas de visón americano no noso país, ante as evidencias de que estas instalacións poden contribuir á expansión de novas cepas de COVID-19, tal como xa aconteceu en Europa.

Na listaxe de granxas arestora activas figuran 4 instalacións con data de alta posterior a marzo de 2016. Daquela, unha sentenza da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo anulaba o apartado 2º da disposición adicional 6ª do Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, que regulamenta o Catálogo español de especies exóticas invasoras. Este apartado da norma facía referenza á posibilidade excepcional de autorizar o aproveitamento gandeiro de especies invasoras, establecendo ademais que para o visón americano (Neovison vison) non se poderían abrir novas granxas nin ampllar as existentes nos territorios nos que está presente o visón europeo (Mustela lutreola). En Galiza, ao contrario de por exemplo en Euskadi ou Navarra, a especie europea non está presente polo que antes deste fallo podían instalarse novas granxas e ampliar as xa operativas.


Porén, ao derrogar esta apartado, o Supremo eliminou todas as excepcións para o aproveitamento de calquera especie invasora en todo territorio do Estado, incluido por suposto o visón americano, polo que as granxas abertas ou ampliadas logo de marzo de 2016, serían ilegais.

Autorizar granxas ilegais de visón, e por riba subvencionalas!

As 4 granxas que segundo a Xunta foron autorizadas con posterioridade a marzo de 2016 están en Abegondo (22-9-2016), A Baña (30-1-2019) e Oza-Cesuras (1-6-2018) na provincia da Coruña; e Agolada (5-11-2018) en Pontevedra.


A máis recente destas, propiedade e Lois Mink SL, arestora en funcionamento (ver imaxes) na parroquia de San Vicenzo, n’A Baña, nen sequera estaba iniciada en 2017, un ano despois da sentenza do Supremo. Esta instalación exibe ademais un cartaz na súa fachada que acredita ter recibido en 2018 unha subvención (24.750€) do INEGA con fondos FEDER para proxectos de aforro e eficienca enerxética.


Incumprir sentenzas do Supremo permitindo instalacións ilegais e por riba subvencionalas: semella que a teima de Feijóo por suprimir molestos trámites administrativos e rebaixar as garantías ambientais ten ido demasiado lonxe…

Un grave risco para a saúde por un case nulo impacto económico

Dende ADEGA xa interpelamos á Xunta polo actual estatus destas 4 granxas e as medidas que pretende tomar para acatar ao fallo do Supremo. Descoñecemos tamén se dende a sentenza, houbo algunha ampliación nas restantes 22 granxas, o que tamén colocaría a estas na ilegalidade.


No actual contexto derivado da pandemia de COVID-19, na que a cría industrial do visón americano revelouse como un importante factor de risco engadido para a saúde pública, este irresponsábel proceder achega máis argumentos para que a Xunta, ao igual que está a acontecer en toda Europa, ordene o peche definitivo destas instalacións. O impacto económico non compensa en absoluto o mantemento dunha actividade de tan alto risco biolóxico e de saúde. En Dinamarca pecháronse todas as granxas, unhas 1200, que daban emprego a 1800 persoas. Seguindo esta proporción, as 26 granxas galegas manterían uns 40 postos de traballo…


Se a Xunta teima en manter abertas estas instalacións, ademais de continuar desobedecendo ao Supremo (o que podería derivar en responsabilidades penais), amosaría outra volta que para a Feijóo o beneficio empresarial está por riba da saúde pública e mesmo da legalidade… De quen serán as responsabilidades se nalgunha das granxas en situación ilegal prodúcense contaxios co COVID-19 ou aparecen novas cepas?

Unha opinión sobre “A Xunta autorizou granxas de visón en contra dunha sentenza do Tribunal Supremo

Add yours

  1. Paréceme unha irregularidade máis da xunta de Galicia que trata as persoas coma se foramos basura e ao ambiente no que temos que vivir como patrimonio particular incurriendo en todo tipo de actuacións ilegais tanto sociais como qmbientais

Deixa unha resposta a Eva Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: