ADEGA e a Fundación Eira procuran doazóns para reparar o tellado da Eira da Xoana

ADEGA e a Fundación Eira lanzan unha campaña para recadar fondos destinados a reparar o tellado da casa da Eira da Xoana, o equipamento de divulgación e formación ambiental e de promoción cultural impulsado por ADEGA e situado na parroquia de Ramil, no concello de Agolada.

Malia a que se foron facendo arranxos puntuais das pingueiras nos últimos anos, os defectos do tellado agraváronse nos últimos meses sendo apremiante a necesidade de arranxar o problema de raíz, tendo que proceder ao levantamento integral das tellas, e tras as reparacións pertinentes, volver retellar.

A chegada das primeiras chuvias de outono imprimen unha certa urxencia ás obras para as cales haberá que contar con profesionais especializados. Os traballos serán esenciais para poder manter en boas condicións de conservación e de uso o equipamento da Eira da Xoana.

O custo da reparación ascende a 6.000 euros, unha cantidade á que a Fundación Eira non pode facer fronte sen contar con achegas externas ou doazóns daquelas persoas que teñen vontade de apoiar o proxecto. A permanencia da actividade da Eira da Xoana vese totalmente condicionada pola actual situación.

(Na imaxe: reparación do tellado da Eira da Xoana en 2008).

Que é a Eira da Xoana?

A Eira da Xoana é o equipamento de educación ambiental e promoción cultural impulsado por ADEGA no ano 2007 e xestionado desde 2015 pola Fundación Eira, a cal foi declarada de interese público galego. A Eira da Xoana está constituída fisicamente por unha casa tradicional galega rehabilitada (a casa da Xoana) e os seus terreos lindeiros nos que se atopa a mítica “Eira”, símbolo do equipamento e lugar de encontro no que desenvolven a maioría das actividades da Fundación.

Situada no corazón de Galiza, no Alto Ulla, na parroquia de Ramil (Agolada), a Eira da Xoana conseguiu constituírse nun centro de referencia, tanto na Ulloa como no conxunto do país, no ámbito da promoción dos saberes populares do noso rural, na divulgación ambiental e na custodia do territorio.

Nos seus case 15 anos leva organizado centos de actividades, entre obradoiros, cursos, traballos comunitarios, voluntariado ambiental, actos culturais e de homenaxe, charlas divulgativas, conferencias, xornadas de reflexión e campañas a prol de fomentar a restauración ecolóxica-patrimonial e o respecto polo rural, o coidado do medio ambiente e a promoción da cultura e da lingua de Galiza. Todas elas, actividades abertas á poboación xeral e enfocadas cara unha metodoloxía participativa e de implicación directa por parte da cidadanía.

Como facer a túa achega?

Para realizar a túa doazón deberás cubrir o formulario de doazóns que está na páxina web da Fundación Eira (https://eiradaxoana.gal/doazons), indicando os teus datos persoais e o importe que queres achegar, á vontade. Se o prefires, podes contactar por teléfono: 659 683 384 ou 616 627 318.

Lembra que, ao tratarse dunha doazón a unha entidade de interese galego, a túa doazón verase bonificada por Facenda, podendo recuperar na túa declaración da renda até o 80% do importe achegado (un 30%, no caso de empresas). Por iso é moi importante que cubras os teus datos correctamente.

Actualizaremos periodicamente na páxina web da Fundación Eira a listaxe de achegas coa identidade das persoas ou entidades doantes se así o especifican no formulario de doazón. A data límite para facer a túa achega será o 31 de outubro de 2021.

Contamos contigo?

Obrigados/as por adiantado pola túa axuda!  Con ela,  temos por certo que poderemos celebrar o remate da obra no vindeiro solsticio, ao que estás expresamente convidado/a. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: